6 de abr. de 2020

TOMIÑO

O grupo de persoas maiores do programa europeo “In Common Sports” mantén os adestramentos a través de internet 

Baixo a orientación dun monitor, o equipo de Cerveira-Tomiño está a usar o WhatsApp para garantir a continuidade dos exercicios durante este período de illamento social  

     Captura de imaxe de vídeo dunha das clases do proxecto
Foto: C.T.

 Infogauda / Tomiño

 Debido á pandemia mundial do COVID-19, os adestramentos presenciais para persoas maiores no ámbito do proxecto europeo In Common Sports foron suspensos en todos os países. Mentres, e para manter a boa forma e unha rotina diaria/semanal, algúns socios e socias están a proporcionar sesións de exercicio físico online, monitorizadas polos adestradores, e que inclúen clases de ximnasia aeróbica, de fortalecimento e alongamento.  

 Baixo a orientación do adestrador Nuno Silva, o equipo de Cerveira-Tomiño está a usar o WhatsApp para garantir a continuidade dos exercicios durante este período de illamento social, alén de manter a motivación necesaria a través do contacto co grupo.  

 O mesmo escenario está a ser practicado no municipio de Cesena, en Italia, con Sabrina Colaci, a adestradora principal, a dinamizar un conxunto de adestramentos online para seus participantes seniores, coa intención dos axudar a permanecer activos durante estes momentos difíciles.  

 É de salientar que o In Common Sports cre no impacto bo do deporte na aptitude física e mental das persoas maiores e ten consolidada a súa expresión alén-fronteiras. Froito dunha candidatura financiada con máis de 300 mil euros polo programa Erasmus + Sport, o proxecto iniciou en marzo de 2018, contando cun consorcio de municipios socios da Bulgaria, España, Hungría e Italia, liderado de Portugal, a través do Municipio de Vila Nova de Cerveira.  

 Os tempos difíciles que vivimos obriga á adopción de novos métodos, privilexiando a vertente dixital. Algunhas das clases en liña están dispoñíbeis en vídeo, en: http://www.olympics4all.eu/ 

 A todos os participantes, o consorcio deixa a seguinte mensaxe: “Queda en casa, queda en forma, queda en seguridade”.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario