Inscricións en liña ao programa de Garantía Xuvenil
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda, vén de facer público “a iniciativa europea Garantía Xuvenil que pretende facilitar o acceso da xuventude ao mercado de traballo”.
“Está enfocada a que toda a xuventude non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, podan recibir unha oferta de emprego, educación ou formación, incluída a formación de aprendiz ou período de prácticas, tras rematar a educación formal ou quedar desempregados. A recomendación europea que estableceu o programa, require que a xuventude poda recibir unha oferta nun período de catro meses a partires da súa inscrición”.
A tal fin creouse o “Sistema Nacional de Garantía Juvenil” coma un ficheiro no que a xuventude, inscrita con carácter voluntario, pasan a constituír unha lista única de demanda a disposición das entidades responsables de propor as ofertas concretas.
• Garantía Xuvenil está dirixido á xuventude en busca de emprego que non se atopen en situación de estudar ou formarse, nin traballando por conta propia ou allea, e desexen lograr a súa inserción plena no mercado laboral.
A xuventude poderá solicitar a súa inscrición sempre que cumpran os seguintes requisitos:
· Ter a nacionalidade española ou, ser cidadáns da Unión ou dos Estados parte do Acordo Económico Europeo ou Suíza ou ser estranxeiro titular dunha autorización para residir no territorio español que habilite para traballar.
· Estar empadroado en calquera localidade do territorio español.
· Ter máis de 16 anos ou menos de 30 anos no momento de solicitar a inscrición.
· Non ter traballado ao día natural anterior á data de presentación da solicitude.
· Non ter recibido accións educativas no día natural anterior á data de presentación da solicitude.
· Non ter recibido accións formativas no día natural anterior á data de presentación de la solicitude.
· Presentar unha declaración expresa de ter interese en participar no “Sistema Nacional de Garantía Juvenil”, adquirindo un compromiso de participación activa nas actuacións que se desenrolen no marco da Garantía Xuvenil. No caso dos demandantes de emprego, bastará coa súa inscrición nos servizos públicos de emprego.
Máis información en: https://garantiajuvenil.sepe.es/nuevaSolicitud
Podes ampliar información na Omix de A Guarda no teléfono 986 610 000 ou no enderezo electrónico informacion@aguarda.es

Ningún comentario:
Publicar un comentario