22 de abr. de 2020

TOMIÑO

Tomiño conmemora o Día do Libro convidando á cidadanía a realizar actividades relacionadas coa lectura   

· Haberá tamén poesía, contos, entrevistas e charlas en liña  

Infogauda / Tomiño

 Con motivo do Día do Libro, o Concello de Tomiño organiza unha serie de actividades a través de Internet. A programación elaborada para a conmemoración desta importante data, este xoves 23 de abril, é a seguinte: 

1.-#euquedonacasaLENDO 

Únete á nosa campaña compartindo fotos e vídeos co libro que estás a ler ou sobre a última lectura realizada. ETIQUÉTANOS! Ou deixa un comentario.

2.-#candoEUeracomaTI  

Recomendación de pais e nais, avós, avoas, persoas xubiladas sobre lecturas que marcaron a infancia a través de fotos. Podes etiquetarnos ou deixalas en comentarios. 

3.-#LibrosLibres 
Compartide citas de escritores ou escritoras que che gusten especialmente.

4.-#ContoParaDíaDoLibro  
    #PoesíaNoDíaDoLibro

Tamara Campos, da compañía Migallas Teatro e profesora da nosa Escola de Teatro Municipal vai contarnos un conto no día do libro e Beatriz Campos, actriz, da mesma compañía e docente do grupo de adultos, fará un recital de poesía tamén o 23 de abril. 

5.-#ClubLectura O día do libro
Compartiremos a entrevista que lles realizamos aos clubs de lectura que hai en Tomiño. 

 Tamén contaremos coa participación da escritora e docente do IES Antón Alonso Ríos, Puri Ameixide, que falará dun dos seus libros, en https://gl.wikipedia.org/wiki/Puri_Ameixide   

 Con motivo do Día do Libro, dende as concellerías de Educación e Cultura, convidan a desenvolver hábitos de lectura no fogar, xa que son moitos os beneficios desta boa práctica.  “Sobretodo é importante inculcar e fomentar estes hábitos na infancia e a adolescencia, pois os libros son un pilar fundamental no desenvolvemento emocional (autocoñecemento), cognitivo (memoria, imaxinación, linguaxe) e no rendemento escolar. Durante estes días de confinamento podemos embarcarnos na lectura para enriquecernos cultural e afectivamente, ademais de pasar un tempo de descanso placenteiro”, aconsella a concelleira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario