O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE presentou propostas sobre o COVID-19
Así como o ofrecemento para colaborar na loita contra o mesmo
De esq. a der.: Marisa Giráldez Álvarez, Gerardo Rodríguez Refojos, Américo de Oliveira Franco e Elena Álvarez Pérez, concelleiras/os do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia
Foto: GMS
Infogauda / Oia
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concello de Oia, cuxo portavoz é Gerardo Rodríguez Refojos, ponse "a disposición do grupo de goberno para colaborar, traballar e contribuír a mellorar tanto a vida dos veciños de Oia como das pequenas, medianas empresas e autónomos, estudando un conxunto de medidas encamiñadas a minimizar os danos ca crise sanitaria do COVID-19 está a causar nas pequenas, medianas empresas, autónomos e a veciñanza en xeral.
Dentro das medidas de carácter económico subliñando aquelas destinadas a diminuír a carga impositiva dos oienses e que resumiremos da seguinte maneira:
1. Rebaixa do imposto do IBI.
2. Redución das taxas municipais de lixo para autónomos, empresas e particulares.
3. Rebaixa do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
Do mesmo xeito, propomos a disposición por parte do Concello do servicio de reprografía (fotocopias) para todas aquelas familias con fillos en idade escolar e que deben facer fronte as tarefas enviadas polo profesorado, creando para tal fin un correo electrónico ó que mandar ditas tarefas, do mesmo xeito utilizaríase dito servizo para todas aquelas propostas destinadas a mellorar a calidade de vida dos nosos maiores.
Por último, solicitar a compra por parte do Concello de máscaras faciais homologadas, así como luvas para todos os veciños, empregando para o seu reparto o mesmo mecanismo que se emprega para o reparto da folla informativa do Concello.
Dende o Grupo Municipal Socialista priorízase nestes intres a unidade de acción para poder saír co mínimo dano posible desta situación, reiterando a nosa total dispoñibilidade".
Ningún comentario:
Publicar un comentario