12 de abr. de 2020

O BAIXO MIÑO

A ASOCIACIÓN ASISTENCIA SOS TOMIÑO BAIXO MIÑO HABILITOU A POSIBILIDADE DE APORTAR OU SOLICITAR AXUDA

· Desde a súa páxina web

Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño 

 A Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño creou unha nova forma de facer chegar a túa colaboración nesta época de confinamento na que non se permiten os desprazamentos.       

 O número de persoas vulnerables está aumentado estes días. Algunhas non teñen a forma de facer sentir a súa voz.       

 As familias con necesidades crecen nos concellos nos que traballa a Asociación (Tomiño, Tui, O Rosal e Oia) e por iso é necesario habilitar a opción de que poidan pedir axuda.       

 Pensando nos máis desprotexidos, habilitouse desde a páxina www.sostomino.org a posibilidade de que fagas chegar a túa axuda ou de que poidas poñerche en contacto coa Asociación para pedila.  

Quédache na casa.   

 Non esquezas que seguimos necesitándoche.     

Ningún comentario:

Publicar un comentario