Sanidade recepciona na súa plataforma loxística un envío cun millón de máscaras das adquiridas pola Xunta de Galicia
O Goberno galego xa leva investidos 17 millóns de euros en material sanitario
Galicia recepcionou 4,7 millóns de máscaras nun total de catro envíos recibidos
O destino prioritario deste material de protección son hospitais, centros de saúde e residencias sociosanitarias, tal e como establecen os protocolos
A plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde recepcionou hoxe un envío cun millón de máscaras adquiridas
pola Xunta de Galicia
Foto: X.G.
Infogauda / Galicia
A plataforma loxística do Servizo Galego de Saúde, situada en
Negreira, recepcionou hoxe un envío cun millón de máscaras adquiridas
pola Xunta de Galicia. Trátase do cuarto envío de material recepcionado en Galicia,
co que na nosa comunidade recibíronse xa 4,7 millóns destas unidades.En
total, o Goberno galego xa leva investidos 17 millóns de euros neste
tipo de material sanitario como máscaras, luvas, batas de alta
protección, desinfectantes de mans e probas PCR.
O material
recibido hoxe forma parte dos lotes adquiridos pola Xunta de Galicia a
distintos provedores e que se suman aos 3,7 millóns de unidades xa
recepcionadas nos últimos días.
Sanidade envía este material de
protección con carácter prioritario a hospitais, centros de saúde e
residencias sociosanitarias, tal e como especifican os protocolos
elaborados coas recomendacións do persoal de medicina preventiva.
Os
protocolos de actuación para a protección dos profesionais na presente
crise sanitaria provocada polo COVID-19 establecen a necesidade de que
usen equipos de protección individual (EPI) para determinadas
intervencións. Os elementos de protección recomendados son gafas de
protección, batas de alta protección, máscaras respiratorias cirúrxicas e
FFP2 e luvas de exame, xunto con solución hidroalcólica desinfectante.
Cómpre
sinalar, que desde a pasada semana, o material sanitario que se reparta
levará ilustracións doadas por Paco Leiro, pintor e escultor galego, e
Rafael Canogal, un dos principais representantes do arte abstracto en
España.
Ningún comentario:
Publicar un comentario