10 de mar. de 2020

OIA

Os Socialistas de Oia acadan no Pleno Extraordinario o traslado da depuradora de Porto Senín

Concelleiros do Grupo Municipal Socialista no Concello de Oia

Infogauda / Oia

  No Pleno Extraordinario celebrado na mañá deste martes día 10 de marzo de 2020, os Socialistas de Oia acadaron o acordo do traslado da depuradora de Porto Senín, en Viladesuso, a Pedornes

 Nesa sesión plenaria extraordinaria, celebrada a petición do Grupo Municipal Socialista, falouse sobre a problemática que carrexa o municipio dende o ano 2010, cando comezaron a funcionar as “depuradoras ilegais” no termo municipal de Oia. 

 Neste senso, e coma único punto do día, contouse cos votos a favor do PSdeG-PSOE e BNG, e as abstencións do PP. 

 O motivo é que estas depuradoras continúan sen funcionar axeitadamente, están sen legalizar e seguen a ocasionar molestias e problemas aos veciños e veciñas do noso municipios, afirmou Xerardo Rodríguez Refojos, concelleiro portavoz do Grupo Municipal Socialista na Corporación Municipal de Oia.

 Agardamos que nesta lexislatura, onde se van a manexar case 10 millóns de euros, sexan capaces de adicar unha boa parte deste presuposto a arranxar dunha vez por todas os problemas de saneamento de Oia”, subliñou o portavoz socialista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario