19 de mar. de 2020

O BAIXO MIÑO

A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño adopta medidas de funcionamento con motivo do COVID-19 

 Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda vén de facer pública á seguinte información:

 A Mancomunidade Intermunicipal do Baixo Miño ven de adoptar medidas de funcionamento con motivo do decreto do Estado de Alarma trala crise do COVID-19 mediante unha resolución da presidencia pola que se acordou, entre outras medidas,  priorizar a atención telefónica e telemática nos Servizos de atención ao público e no caso de atención presencial se establecerán as quendas imprescindibles  para garantir a prestación do servizo. 

 Estas medidas de carácter temporal afectarán a todo o persoal en función das necesidades de prestación dos servizos públicos, evitando, na medida do posible, as reunión de traballo e os desprazamentos a outras localidades, fomentando o uso da videoconferencia. 

 As xuntas de goberno periódicas da MIBM quedan deste xeito aprazadas, salvo aquelas que se convoquen debido á situación do estado de alarma. 

 Todos os cursos e actividades formativas quedan aprazadas, valorándose a súa realización por medios telemáticos, cando así sexa posible. 

 Nesta resolución da presidencia da MIBM tamén se acordou a suspensión da convocatoria existente para a Selección dun Conductor, quedando en vigor os trámites previos á mesma, dando por rematados os prazos de presentación de instancias. 

 Por último, acordouse permitir a modalidade de traballo non presencial, previa autorización da presidencia da MIBM, sempre que sexa debidamente xustificada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario