O Concello de A Guarda prepara as primeiras Xornadas sobre saúde e benestar
Nunha convocatoria aberta, fai público un
convite á participar a todos os empresarios e profesionais da saúde e do benestar
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz xa comezou os preparativos dunha nova actividade dirixida ao público xeral e que este ano versará sobre a saúde e o benestar.
A proposta “I Xornadas sobre saúde e benestar” permitirá, de xeito participativo, implicar á poboación da vila no coñecemento e ampliación de información sobre diversos temas de saúde do día a día.
Grazas á participación de empresas e profesionais sanitarios, as xornadas contarán con charlas, conferencias e debates abertos, nos que se tratará e falará sobre temas de interese xeral vencellados á saúde e ao benestar.
Dende o Concello da Guarda lánzase un convite a todos os empresarios e profesionais da saúde e do benestar, nunha convocatoria aberta a participar nesta novidosa actividade, que permitirá, por unha banda, potenciar e promocionar as empresas adicadas á saúde e ao benestar da vila e, por outra banda, manter encontros con profesionais sanitarios de diversas ramas.
As empresas e profesionais sanitarios poden realizar a súa inscrición no seguinte formulario https://forms.gle/hmV3tmL4pjv8RUMM9 ou ben contactando coa OMIX da Guarda no telefono 986 610 000 ext. 7 ou no enderezo electrónico: informacion@aguarda.es
Ningún comentario:
Publicar un comentario