Visita cultural a Póvoa de Varzim e Vila do Conde
· A saída será o sábado día 4 de abril de 2020, ás 9:00 horas
Infogauda / A Guarda
O Concello de A Guarda e o Club da Terceira Idade e Pensionistas desta localidade, organizan unha saída cultural a Póvoa de Varzim e Vila do Conde, para o sábado 4 de abril.
A finalidade desta actividade é coñecer o patrimonio destas localidades portuguesas tan vinculadas historicamente ao noso concello como vilas costeiras adicadas á pesca.
A saída do autocar será ás 9:00 horas para partir en dirección a Póvoa de Varzim. Unha vez na cidade poveira visitarase en primeiro lugar, a igrexa románica de Sâo Pedro de Rates, que foi edificada sobre unha pequena capela. A continuación percorrerase o casco histórico onde destaca o edificio da Câmara Municipal coa súa característica fachada de azulexos, con escenas tradicionais poveiras, como o arranxo das redes, as comidas familiares, a lonxa e outros aspectos cotiáns. Na visita a Póvoa de Varzim tamén haberá oportunidade para achegarse ata a praza adicada ao escritor poveiro José María Eça de Queiróz, en cuxo entorno urbano poderanse admirar edificios ben curiosos.
A xornada continuará coa visita a Vila Do Conde. O primeiro monumento a coñecer é a Capela da Nossa Senhora da Vila, unha pequena igrexa nas aforas. Tamén se percorrerá o entorno do acueduto e o Convento de Santa Clara. A visita continuará polo casco urbano e zona marítima destacando a visita á igrexa Nosso Senhor dos Navegantes, unha peculiar igrexa construída como monumento homenaxe aos pescadores de Vila Do Conde.
O regreso para á localidade de A Guarda está previsto para ás 20:00 horas.
O prezo desta actividade é de 20 € por persoa que será abonado antes da saída. O devandito importe inclúe o traslado en autocar, xantar, guía acompañante e visitas.
Para inscribirse ou ben recibir máis información poden contactar directamente co Club da Terceira Idade no teléfono 986 610 369 ou ben na Oficina de Turismo no teléfono 986 614 546.
Ningún comentario:
Publicar un comentario