Galicia reforzará os seus vínculos con Xapón, que multiplicou por catro os seus peregrinos nunha década
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, inaugurou hoxe en Padrón na inauguración da exposición fotográfica ‘Kumano Kodo. Camiño de peregrinación’
Durante o acto, Nava Castro subliñou os valores comúns que ambos camiños de peregrinación comparten
Foto: X.G.
Foto: X.G.
Infogauda / Padrón (A Coruña)
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, manifestou hoxe a intención da Xunta de Galicia de seguir reforzando vínculos con Xapón para continuar promovendo o destino galego e a cultura xacobea nun dos países que máis están medrando en número de peregrinos nos últimos anos, cun crecemento do 82% desde o último Ano Santo.
Nava Castro fixo estas declaracións durante a inauguración da exposición fotográfica Kumano Kodo. Camiño de peregrinación apoiada pola Xunta que abriu hoxe as súas portas en Padrón e que poderá visitarse ata o mes de abril. Como comentou, Xapón é un dos países que máis crecemento está a ter no eido xacobeo, e recordou o especial vínculo que Galicia e ese país manteñen a través dos seus camiños de peregrinación.
De feito, o Camiño de Santiago e o Camiño de Kumano Kodo de Xapón suman xa máis de 20 anos de irmandamento. Son dúas das máis importantes rutas de peregrinación do mundo, están protexidas pola Unesco e desde o seu irmanamento comezaron unha intensa relación que contribuíu a incrementar os lazos entre o país nipón e Galicia.
Durante o acto, Nava Castro subliñou os valores comúns que ambos camiños de peregrinación comparten a pesar de ter xurdido en territorios a miles de quilómetros de distancia e cunha raíz relixiosa diferente. Lembrou que ambas rutas contan con símbolos que guían aos peregrinos, dispoñen dunha vestimenta tradicional, están rodeadas de natureza e posúen sobranceiras mostras do patrimonio cultural.
Ningún comentario:
Publicar un comentario