8 de feb. de 2020

O BAIXO MIÑO

ESCULTURA SOLIDARIA


Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño

 O escultor oiense Xavier Garrido doou unha escultura á Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño. 

 Esta escultura que o artista chamou “Baixo Miño”, é unha peza elaborada en lousa. 

 Poñeranse á venda papeletas a donativo de 1€. 

 O sorteo da escultura realizarase o domingo día 21 de xuño. Terá lugar durante a Comida Solidaria que organiza esta Asociación na carpa que se instalará no concello do Rosal, para celebrar a comida solidaria anual. 

 O diñeiro recadado destas rifas será dedicado integramente á compra de alimentos. 

 Os beneficiarios destes alimentos serán as familias que se atenden na Asociación Asistencial SOS Tomiño Baixo Miño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario