Elefantes de papel volven cun novo libro e proxecto solidario
A presentación terá lugar próximo venres, 28 de febreiro ás 20.00 h na biblioteca do CVC de Valadares
María Salinas e Berto Pirata, asinando exemplares dun libro precedente da súa autoría
Infogauda / Valadares (Vigo)
Nesta ocasión, a “Elefantiña” repite formato: un libro de relatos curtos en castelán e galego de temática social, pero o proxecto que o acompaña, centrado na figura da muller, é moito máis ambicioso.
María Salinas García e Berto Pirata, os seus autores, levarán a cabo diversas presentacións en todas as provincias da nosa comunidade durante os meses de xaneiro a xuño, e a partir de xullo visitarán as cincuenta e dous capitais de provincia do estado nunha furgoneta que están camperizando a modo de vivenda.
O obxectivo é recadar fondos para a asociación sen ánimo de lucro Conrazones, da Guarda, e para dúas mulleres bravas: Gema Carrasco, voluntaria nos campos de refuxiados gregos desde 2017 e Esther Rey, defensora activa do cumprimento das penas contra os malos tratos animais a través da súa asociación Imos Quin.
En 2018 Elefantes de papel levou a cabo cincuenta e dúas presentacións coas que recadaron fondos e deron visibilidade a outras tantas asociacións. Tamén viaxaron á illa de Lesbos para colaborar con diferentes Ong. O seu proxecto converteuse nunha bóla de neve que os levou a visitar centros de educación primaria e secundaria, da terceira idade e de persoas con diversidades funcionais e mentais entre outros. Colaboraron tamén coa ONCE para que o libro puidese ser lido en Braille.
Agora buscan unha maior implicación por parte da xente. “Algo tan sinxelo como difundir a nosa páxina de Facebook axúdanos moito, dinnos. Recadar fondos é imprescindible, pero nós soñamos con que algún día este tipo de iniciativas fáganse virales”, afirmaron María e Berto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario