Co lema "Planta unha árbore, planta futuro"
ALUMNADO, NAIS E PAIS, PROFESORES DE VARIOS CENTROS EDUCATIVOS E COMUNEIROS, ESTÁN REPOBOANDO O MONTE SANTA TREGA
Alumnado, profesores/as, nais, pais de alumnos/as e comuneiros, están contribuíndo activamente á reforestación do Monte Santa Trega
Fotos: C.MM.VV.M.C. de Camposancos
Infogauda / Camposancos

Co lema "Pranta unha árbore, planta futuro", por cuarto ano consecutivo, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, en colaboración cos colexios de A Guarda, están plantando 500 árbores frondosas de distintas clases, para que o monte Santa Trega se enriqueza e diversifique en especies arbóreas. Ese impagable labor de reforestación responsable estáse visibilizando na ladeira pertencente a devandita Comunidade de Montes de Camposancos.
Así mesmo fai un mes sementaron 800 landras de sobreiras.
"Con esta nova actuación son mais de 4.000 árbores frondosas plantadas onde había anteriormente milleiros de acacias e mimosas, e tamén centos de eucaliptos", dixo a Infogauda José Fernando Martínez Martínez, presidente da xunta reitora da devandita Comunidade de Montes.
"Con esta filosofía - engadiu José Fernando Martínez Martínez - o Trega vai tomando unha cor especial. Lóxicamente será a modo, ben sabemos que as especies frondosas son de lento crecemento. Porén, coidamos que paga a pena o cambio.

O pasado día 14 de febreiro, estaba programado que subisen ao monte Santa Trega para plantar os alumnos/as do colexio público de A Sangriña e por causa da choiva tivemos que suspender a actividade.
O mércores día 19, o turno foi para alumnos do Colexio Manuel Rodriguez Sinde, que tutelados polos profesores Belén, Carlos e Alberto, plantaron carballos (Quercus) de distintas variedades, e despois de recuperar forzas ofrecéronse para arrincar rebrotes de acacias na plantación do ano pasado. Para que digan da xuventude! Abofé que o pasaron de cinema!
Na xornada de onte subiron os alumnos/as de infantil do Colexio PP. Somascos-Educere acompañados por profesores e algunhas nais e pais, que ¡por certo! si os nenos/as pasárono de cinema, as personas adultas disfrutaron dunha xornada moi especial, e mesmo se animaron a plantar algunha arbore. Hoxe seguimos con frondosas castiñeiros e cerdeiras.
O remate, a Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos agasallou aos participantes con froia e auga.
Non podemos por menos que agradecer a todos/as que participaron nas distintas xornadas".
Non podemos por menos que agradecer a todos/as que participaron nas distintas xornadas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario