COMEZAN AS OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO ACCESO Á PRAIA DO FORTE
ENMARCADAS NO PROXECTO DE PRESERVACIÓN E VALORIZACIÓN DO RIO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO `VISIT RIO MINHO´
ENMARCADAS NO PROXECTO DE PRESERVACIÓN E VALORIZACIÓN DO RIO MIÑO TRANSFRONTEIRIZO `VISIT RIO MINHO´
Uxío Benítez reclamou novos fondos europeos que permitan acondicionar o resto de sendeiros verdes galego – portugueses, un dos maiores atractivos do territorio transfronteirizo
O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez, co alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba; o concelleiro Miguel Ángel Español, un representante da empresa adxudicatria, e técnicos da Deputación de Pontevedra, nas inmediaccións da Praia do Forte, en Camposancos (A Guarda)
Foto: D.PO.
Foto: D.PO.
Infogauda / Praia do Forte (Camposancos)
O deputado de Cooperación Transfronteiriza e director do AECT Rio Minho, Uxío Benítez Fernández, anunciou hoxe o inicio das obras de acondicionamento do acceso á praia guardesa de O Forte, en Camposancos, porta do espazo natural protexido do Esteiro do Río Miño, durante unha visita a este enclave onde estivo acompañado polo alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz. Segundo explicou o deputado provincial, esta actuación insírese no proxecto Visit Rio Minho, de Preservación e valorización do Río Miño Transfronteirizo, e permitirá a conexión dos dous sendeiros que desembocan no areal, un marítimo e outro fluvial, consolidando un novo treito da rede de sendeiros galego – portugueses do Río Miño.
Antonio Lomba Baz e Uxío Benítez Fernández - no centro da imaxe -, atenden ás explicacións do técnico que lles amosa in situ o proxecto a desenvolver nos accesos á Praia do Forte
Antonio Lomba Baz e Uxío Benítez Fernández - no centro da imaxe -, atenden ás explicacións do técnico que lles amosa in situ o proxecto a desenvolver nos accesos á Praia do Forte
O director do AECT Rio Minho lembrou que “esta rede de sendeiros transfronteirizos é un dos maiores atractivos do territorio e dos que máis interese suscita, con máis de 100 km de rutas verdes que van dende os concellos de Crecente e Melgaço ata a desembocadura do río”. Así mesmo, Benítez aproveitou a ocasión para reivindicar “novos fondos europeos que permitan completar o acondicionamento do resto de sendeiros, e levar a cabo este ambicioso proxecto de valorización e promoción do territorio, que abrirá as portas á chegada dun turismo sostible e de calidade”.
Na actualidade, o acceso á praia do Forte - coñecida internacionalmente como praia do Muiño - consiste nunha plataforma de recheo e un muro, así como un aparcamento a pé de praia. O proxecto de mellora e recuperación do acceso ao areal ten unha dobre finalidade, por unha banda a recuperación da contorna, preservando e protexendo un espazo de alto valor ecolóxico, e por outro, a mellora da accesibilidade e os servizos da praia para a cidadanía.
As obras inclúen a construción dunha rotonda cunha zona de carga e descarga, a creación dunha parada de bus, a ampliación das entradas aoareal con dúas pasarelas de madeira e a rexeneración da praia mediante o retranqueo do muro de contención existente.
As obras inclúen a construción dunha rotonda cunha zona de carga e descarga, a creación dunha parada de bus, a ampliación das entradas aoareal con dúas pasarelas de madeira e a rexeneración da praia mediante o retranqueo do muro de contención existente.
O orzamento de adxudicaciónda obra foi finalmente de 168.287,34 euros, o que supuxo un 12,44 % de baixa con respecto á licitación, resultando gañadora a empresa Marconsa S.L..
Visit Rio Minho é un proxecto de cooperación transfronteiriza, cofinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.
Ningún comentario:
Publicar un comentario