"O PEOR BANCO DO MUNDO" TÉMOLO EIQUÍ
Neste lunes día 10 de febreiro cumplíronse 4 meses desde que foi "víctima" dun sinistro de tráfego rodado
Na imaxe, pódense apreciar os anacos do banco de pedra, que estaba situado na marxe esquerda do Paseo de Portugal, á altura da intersección coa rúa Vigo.
Foto: Infogauda Infogauda / A Guarda
Foi na tarde do pasado 10 de outubro de 2019, cando un vehículo automóbil que circulaba polo Paseo de Portugal en dirección a Sestás, por causas que descoñecemos, saiuse da calzada, invadindo á beirarrúa da marxe dereita da referida vía, e colisionando en primeiro lugar, cun báculo metálico de alumeado público, e a continuación contra un banco de pedra, ubicado na extrema da devandita beirarrúa. A raíz dese feito, desde este xornal dixital transfronteirizo, informamos da situación do báculo - que naquela altura atopábase tirado na beirarrúa - e tamén do banco. Con posterioridade, varias semanas despois da data do accidente de tráfego, o báculo do alumeado que resultara sinistrado foi sustituído por outro en boas condicións, máis a día de hoxe, luns 10 de febreiro de 2020, o que fora un banco que era utilizado pola veciñanza e por moitos peregrinos que fan a ruta xacobea do Camiño Portugués pola Costa, non tivo a mesmo trato que seu "compañeiro" o báculo.
Dese xeito, para que logo algunhas persoas que dan libremente súas opinións, defendendo o indefendible, teñan un novo motivo para persistir no seu labor de non quer ollar o que está á vista de todos, deixamos constancia de que "o peor banco do mundo" témolo no termo municipal de A Guarda.
Como non foron adoitadas as actuacións que corresponden nestes casos, no día de hoxe, cumplíronse 4 meses desde o referido accidente.
Como queira que vivimos nun país con canteiras de granito, producto que ademáis de abastecer o consumo interno, tamén ven exportándose a outros destinos, semella moi doado - e realmente así debera ser - repoñer - ou reparar - o banco de pedra. Máis semella que non basta con estarmos no país da pedra, tamén deberíamos estarmos no país da eficiencia. Pero iso, prezados lectores, é o que realmente non temos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario