O GRUPO DE GOBERNO MUNICIPAL DO CONCELLO DEBERÍA PROPOÑERSE Á DOTACIÓN DE SOPORTES PUBLICITARIOS
Para tentar evitar á indiscriminada fixación de publicidade en diversos soportes, tanto en propiedades privadas como públicas
Moble urbano de presentación de información (MUPI), nunha praza pública dunha localidade do Baixo Miño
Foto: Infogauda
Infogauda / A Guarda
Ainda
que ven sendo unha costume, non é menos certo que debería motivar cando
menos, unha reflexión, e a renglón seguido, a adopción do
correspondente acordo municipal para tentar correxir o que a todas luces
é un arcaísmo que desde fai tempo non ten ningunha xustificación nin
razón de ser. Referímonos ao feito de colocar esquelas e outros tipos de
anuncios, en lugares privativos - e tamén públicos -, como por exemplo:
escaparates de establecementos, tanto en activo como nalgúns casos,
pechados desde fai varios anos; portas de acceso a igrexas, árbores,
báculos e postes de alumeado público, contedores de lixo, entradas á
recintos varios (antigo Estadio do Trega, Finca de Fínola,...), sinais
de tráfico, etc..
O
feito de que algúns titulares deses bens permitan de facto á colocación
de todo tipo de anuncios, non debera ser motivo para que os
responsables municipais non actúen motu propio para dar os pasos necesarios e acordar dotar de MUPIS - acrónimo de Mobles
Urbanos de Presentación de Información - aqueles lugares onde se
considere que poden ser de utilidade da veciñanza e dos visitantes, e non existan outros recursos semellantes para á mesma finalidade.
Nos referidos MUPIS - que mesmo poderían levar publicidade institucional do propio Concello de A Guarda - poden ter cabida, se así o deciden os órganos municipais correspondentes, tanto anuncios de eventos culturais, políticos, sociais, etc., como ás esquelas.
O
que non é de recibo é que en pleno século XXI ainda persista á costume
de colocar ás esquelas en propiedades particulares, e que diferentes
empresas e organizacións, tanto da localidade, como alleas, e mesmo particulares, anuncien súas actuacións, eventos, promocións, extravío de animais de compañía, etc., pegando á cartelería onde lles parece convinte. E todo iso, ainda que non esté autorizado expresamente, e mesmo contravindo o disposto no Regulamento de limpeza pública e de recollida do lixo, aprobado definitivamente na sesión plenaria de 30 de setembro de 2016, e publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, nº 206, correspondente ao venres día 21 de outubro de 2016; que entre outras normas á cumplir pola cidadanía, no Artigo 7.- Limitacións da publicidade na vía e equipamentos públicos, dí o seguinte:
1.
Non está permitido realizar actos de propaganda ou publicidade
que comporten o lanzamento de carteis, follas ou calquera outro
elemento impreso nas vías e nos espazos públicos.
2.
Non está permitido pegar, prender ou pendurar carteis con propaganda ou
publicidade, facer pintadas e pór folletos nas fachadas dos
edificios públicos ou no mobiliario e no equipamento urbanos
(farolas, marquesiñas..), agás eventos de interese municipal.
3.
Non está permitido pegar, prender ou pendurar carteis con propaganda ou
publicidade, facer pintadas e pór folletos nos contedores.
4.
Serán responsables da infracción das normas contidas nos dous apartados
anteriores os que realicen, promovan ou xestionen aqueles actos, e, se
estes non foran identificados, as persoas ou entidades que aparezan na
publicidade (...)".
Asemade, no punto 7. índicase tamén: "Coa
finalidade de preservar o medio ambiente natural e urbano en boas
condicións estéticas, está prohibido pór publicidade que sexa visible
desde as zonas de dominio público das estradas e camiños, a non ser nos
treitos urbanos, onde se poderá instalar contando co permiso municipal
e nas condicións que o concello determine (...)".
En todo caso, visto o visto, á correspondente prohibición municipal de fixar carteis, semella papel mollado e sen valor algún, toda vez que vén acreditándose de xeito reiterado súa ineficacia. Ou o que é o mesmo, alomenos deica agora, súa inutilidade.
É triste ter que aturar como cada semana, algúns, ao abeiro da nocturnidade, afean á vila con
total impunidade, mediante o pegado de calquer tipo de panfleto, anuncio, ou
reclamo publicitario, e que ninguén coa debida autoridade municipal lles comunique o
que corresponde, cando de xeito reiterado están vulnerando á devandita
prohibición a cal fixemos mención en liñas prcedentes. Todo o cal debera ser motivo suficiente para ir redactando un anteproxecto de Ordenanza Reguladora de Publicidade Exterior, na que obviamente deberían incluirse ás valas publicitarias - algunhas delas abandonadas e en pésimo estado de conservación, e mesmo "anunciando" establecementos hoxendía inexistentes - e seu correspondente padrón actualizado; e sen demora, sometela a aprobación do Pleno da Corporación Municipal do Concello de A Guarda. Ou o que é o mesmo, tentar que uns poucos, que ademáis do seu reiterado incivismo e de estar ignorando aos representantes de toda á veciñanza da localidade, deixen de facelo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario