Cun multitudinario desfile
A vila guardesa puxo broche de ouro o Entroido 2020
Infogauda / A Guarda
Con toda á atención posta na rúa, na tarde deste martes día 25 de febreiro celebrouse na vila de A Guarda o Desfile de Entroido 2020, evento que puxo o broche de ouro a unha programación de Entroido na que non faltou a gastronomía, a festa, a animación infantil, a música e os cooridos e vistosos desfiles dos coles da localidade do pasado venres e o Desfile deste Martes de Entroido.
Ás 17:30 horas saíu dende a Praza de San Bernardo (“Esquina Famosa”), como é habitual, o Desfile de Entroido cun percorrido polas rúas da vila ata a Alameda. Abriu a comitiva carnavaleira a Batucada “Bate no Cobre”, de Matamá, que foi a encargada da apertura do desfile deste ano.
A diferenza de edicións precedentes o desfile deste ano organizouse co propósito de animar á maior cantidade de xente posible, coa participación de asociacións, colectivos e grupos de amigos, e todos os nenos e nenas que participaron, recibiron un agasallo.
Este ano, ademáis dos disfraces individuais, contouse coa participación dun total de 5 grupos: Los muñecos de la tele, Molinillos de vento, Fadas e xigantes do millo, e Hippies e Papagaios.
Ademais participaron 10 comparsas: Os galácticos, Batubaíña, As arpillas, Guerreiros Mayas, Fútbol americano e animadoras, Trollalheiros, Grease, O noso mar, Co frío chegaron,… e unha comparsa de Gondomar.
No apartado de carrozas participaron un total de 4: Aladdin, A Cruza Show, Bella y Bestia e O, a cidade esmeralda.
En total destináronse 3.670€ en axudas á participación destas categorías.
Este ano foi un dos desfiles máis numerosos e multitudinarios que se recorda na Guarda, cunha ampla participación que prolongou a duración do desfile en case dúas horas, e tamén cunha afluencia tamén masiva de espectadores que encheron as beirarrúas da vila e gozaron dunha tarde na que á climatoloxía deixou que todo o mundo apreciase a fantasía e a vistosidade dos disfraces, a música, as coreografías, a beleza, e sobor de todo, que o respectable público vivise o Entroido 2020 nun grato ambiente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario