26 de feb. de 2020

A GUARDA






Benvidos a todxs. Unha vez máis damos outro paso, dentro deste camiño que nos levou desde finais do mes de agosto do 2019 ata aquí.

Somos conscientes de que no día de hoxe, en pleno século XXI non podemos obviar as novas tecnoloxías. Este blogue unido ás redes sociais que temos, é unha das ferramentas máis importantes de difusión das actividades que desde Asoc. Trans Miño e os seus departamento DICO e Trans Miño - LGTBIQ+ facemos.

Desde Asoc. Trans Miño e moi en especial desde o departamento LGTBIQ+ queremos convidarvos a que participedes connosco, ben facéndoche voluntarix ou directamente facéndoche socix, e para aqueles establecementos comerciais que queiran colaborar con nosotrxs tamén lles ofrecemos a oportunidade diso, como hai nestes momentos varios deles. E como non que gocedes das nosas actividades e festas, que están pensadas para iso.

Abrimos o departamento LGTBIQ+ para que toda aquela persoa que senta desorientada póidase achegar xunto a nosotrxs e poder solucionar as dúbidas que teñades. Tamén estaremos nas festas principais co Punto Arco Iris para denunciar todo tipo de LGTBIfobia, poñemos un teléfono á vosa enteira disposición (626.420.874) onde podedes denunciar calquera tipo de agresión ou informarvos. Dentro de moi pouco tempo teremos as oficinas físicas abertas, onde se vos atenderá con toda intimidade e poderedes gozar de calquera servizo ou actividade que programemos, mesmo do servizo de repartición de preservativos gratuítos. Claro está que con toda a confidencialidade que sabemos ter.

Darvos as grazas de antemán pola confianza posta en todxs nós.

Equipo Directivo e Técnico da Asco. Trans Miño e seus departamentos DICO e Trans Miño – LGTBIQ+


A Guarda a 25 de febreiro 2020

Ningún comentario:

Publicar un comentario