25 de feb. de 2020

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

O Concello da Guarda presentará o anteproxecto para a Senda de circunvalación ao Monte Santa Trega

O xoves día 27 de febreiro ás 19:30 horas, no local da Entidade Local Menor de Camposancos


Infogauda / A Guarda 

 O Grupo Municipal de Goberno do Concello de A Guarda fixo público no día de hoxe, que o xoves día 27 de febreiro ás 19:30 horas, o local da Entidade Local Menor de Camposancos acollerá a presentación do anteproxecto para a Senda de circunvalación ao Monte Santa Trega. Un acto aberto a toda a cidadanía e que contará coa presenza do alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; o concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, Miguel Ángel Español Otero, e o técnico responsable da empresa que redactou este anteproxecto.  

 Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda, salientan que "a PO-352 é sen dúbida algunha unha das principais arterias de comunicación da Guarda, basta dicir que é a única conexión entre o casco urbano da Guarda e a parroquia de Camposancos, tanto polo Oeste como polo Este, amén de subliñar que conduce a todas as praias fluviais da nosa vila.  

 Con estas referencias resulta fácil entender que o tráfico rodado que soporta, sobre todo en época estival, é moi considerable. Ao mesmo tempo, e  dado que  a paisaxe pola que discorre é moi fermosa, atrae a multitude de peóns que pasean por ela.  

 O referido anteproxecto contempla unha actuación na totalidade da PO-352 que non conta con beirarrúas, tanto polo lado oeste, Cruzada-Camposancos como no lado este Camposancos ata intersección PO-355 (que conduce á Pasaxe) consistente en un ancheamento da calzada de rodadura, a construción dunha senda, para facela máis segura para os peóns e os vehículos".

Ningún comentario:

Publicar un comentario