5 de feb. de 2020

A GUARDA

O BNG esixe que se solucionen os erros nas obras de humanización do 2º tramo da rúa San Caetano     

Advertidos polo BNG, o propio grupo de goberno asume os erros, según eles, provocados polas presas na redacción do proxecto.      
 
Anxo Lois Baz Vicente, voceiro do BNG no Concello de A Guarda, supervisando in situ ás obras do 2º tramo da rúa San Caetano


Infogauda / A Guarda

 Namentras as obras de humanización do 2º tramo da rúa San Caetano estánse desenvolvendo, o BNG detectou erros dos cales, segundo vimos de saber, advertiu ao Grupo de Goberno do Concello de A Guarda. 

 "Para o BNG - dixo a este xornal dixital, seu voceiro Anxo Lois Baz Vicente - é incomprensible falar de presas na redacción dun proxecto que leva dous anos de atraso. Hai que remontarse a 2016 para comprobar como este mesmo goberno asume un compromiso plenario coa aprobación da moción presentada pola veciñanza e defendida polo grupo nacionalista".      

 "Á improvisación - denuncia Baz Vicente - coa que actúa o goberno socialista pon de manifesto unha vez máis unha maneira de actuar rutinaria, chapuceira  e sen perspectiva".     

 O voceiro do BNG afirma que "o documento non contempla o retranqueo de varias fincas fora de alineamento, o que perpetúa o estreitamento da rúa e a imaxe de abandono nalgunha das fincas con muros con perigo de derrube, aparición de ratas, etc."     

 Anxo Lois Baz conclúe decindo que "despois de  visitar a obra coa veciñanza, o BNG esixe o arranxo destes e outros problemas, como a filtración de augas nas vivendas que denuncian os residentes na rúa dende fai anos".   

Ningún comentario:

Publicar un comentario