11 de feb. de 2020

A GUARDA

Unha proposta gastronómica especial para celebrar o Entroido 2020 

• O Menú de Entroido consta dun primeiro prato de caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e unha sobremesa con filloas ou orellas de Entroido

• Esta oferta gastronómica estará dispoñible do sábado 22 ao martes 25 de febreiro en 6 restaurantes do municipio ao prezo de 18€. 

Fonte: Concello A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Ao igual que en anos anteriores, a Concellería de Turismo do Concello de A Guarda, organiza en colaboración cos diferentes restaurantes da localidade o Menú de Entroido. 

 Ao longo dos catro días do Entroido, o devandito Menú de Entroido inclúe un primeiro prato de caldo galego ou empanada, un segundo prato de lacón con grelos, unha sobremesa con filloas ou orellas de Entroido, viño e café. O prezo é de 18€ por persoa.  

 Nesta edición participan os seguintes restaurantes:

· Arruaz (986 614 571)
· Camping Santa Tecla (986 685 461) 
· The Celtic Harp (986 611 679)
· La Pizzicata (986 611 534)
· O Cangrexal (986 611 107) 
· Xantar (986 611 814 ) 

 Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.

Ningún comentario:

Publicar un comentario