A
ENTIDADE LOCAL MENOR DE CAMPOSANCOS CHAMA A MOBILIZACIÓN
PARA QUE A
SENDA PEONIL ENTRE CAMPOSANCOS E A GUARDA SEXA UNHA REALIDADE
Merchi Martínez (presidenta da ELM de Campsoancos): “O inicio da mobilización social esixindo o compromiso das administracións comeza a dar os seus froitos”
Mercedes Martínez Vázquez, alcaldesa-pedánea da Entidade Local Menor de Camposancos
Infogauda / Camposancos
Desde o mes de novembro a Entidade Local Menor de Camposancos reuniuse con todas as asociacións culturais e deportivas camposinas: Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, Sociedade Los Amigos, Clube Alagua, Clube de Petanca O Caldeiro e Clube de Tenis Codesal, coa finalidade de dar os primeiros pasos para esixir das administracións competentes unha senda peonil para unir A Guarda con Camposancos.
Trátase dunha reivindicación moi demandada por veciños, turistas e deportistas que ven como a estrada PO-352 está sobrecargada de tráfico rodado o que dificulta os desprazamentos a pé ou en bicicleta.
Trátase dunha reivindicación moi demandada por veciños, turistas e deportistas que ven como a estrada PO-352 está sobrecargada de tráfico rodado o que dificulta os desprazamentos a pé ou en bicicleta.
A
presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, Mercedes Martínez
Vázquez (Merchi), chama a todo o vecindario de Camposancos e A Guarda a
sumarse a marcha-manifestación convocada para o domingo día 1 de marzo ás 10:30 da mañá, desde o Casino de Camposancos baixo o lema “por unha ecosenda para camiñar seguro de Camposancos ata A Guarda”.
Según Mercedes Martínez, “so
o feito de anunciar a manifestación esixindo o compromiso das
administracións comeza a dar os seus froitos. O Concello xa elaborou o
anteproxecto para a senda nun tempo récord. Congratulámonos de que se
empecen a mover as cousas e danos forza para seguir pelexando para que o
anteproxecto se transforme nunproxecto, e se busque a financiación
necesaria para convertilo en realidade”.
A presidenta da ELM conclue:
“Estamos convencidas/os que si nos movemos a senda vai ser
unharealidade polo que vos pido o apoio masivo a esta
marcha-manifestación”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario