22 de feb. de 2020

A GUARDA

O BNG denuncia a pasividade do alcalde na subsanación nos erros da rúa San Caetano  

Anxo Lois Baz Vicente (voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda): “No último pleno ordinario e baixo instancia do BNG, o PSOE admitía os erros e comprometíase a subsanalos de forma urxente” 

 Anxo Lois Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no conclelo guardés, supervisando in situ ás obras na rúa San Caetano


Infogauda / A Guarda

 Namentras as obras de humanización da rúa San Caetano estánse desenvolvendo, como xa informamos oportunamente neste xornal dixital transfronteirizo; o BNG denuncia que "catro semanas despois e cun estado das obras bastante avanzado, as correccións prometidas non existen e todo apunta a rematar cun parche de última hora".   

 "Dende o Bloque Nacionalista Galego considérase que esta actitude do goberno  municipal atende á desgana e lixeireza co que o PSOE toma as obras de humanización dunha rúa que leva catro anos de atraso", afirmou Anxo Lois Baz Vicente, voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda.   

 Para os nacionalistas "é incomprensible presumir de ter proxecto de Vila cando logo fan "changuiñas" por tramos sen ter redactado un proxecto integral da rúa como se tiña acordado en Pleno  xa no 2016 a instancias do BNG.  

 É escandaloso ver como non se contemplan retranqueos que lle dan amplitude a rúa, o subrealismo chega ata o extremo de que a veciñanza catro anos despois ainda non sabe como vai quedar a futura praza-miradoiro de San Caetano e o enganche con circunvalación".   

 "O acordo Plenario de 2016 foi redactar un proxecto da rúa para logo executar por tramos. A realidade é que o Psoe volve a facer unha reinterpretación dos seus acordos que acaba no desconcerto dunha veciñanza farta dos  incumplimentos socialistas" apunta o voceiro nacionalista Anxo Lois Baz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario