24 de feb. de 2020

DEPORTES

ATLETISMO


SERGIO RODRÍGUEZ TEIXEIRA, SUBCAMPIÓN DE GALICIA DE 200 METROS 

Sergio Rodríguez Teixeira - a esquerda da imaxe - conseguiu a medalla de prata no Campionato de Galicia de pista cuberta nos 200 metros


Informa (fotografía e redacción): Club de Atletismo Coruña Comarca
 O atleta guardés Sergio Rodríguez Teixeira conseguiu a medalla de prata no Campionato de Galicia de pista cuberta nos 200 metros tan só superado polo  recordman galego da distancia, Mauro Triana. Nunha igualada carreira onde se enfrontaban os dous mellores atletas galegos da historia na distancia, o atleta internacional impoñíase cun crono de 21,85 logrando a medalla de ouro mentres que o guardés marcaba 21,97 para facerse coa prata. A medalla de bronce sería para o seu tamén compañeiro de adestramentos, Javier García, todos eles adestrados por Jose Carlos Tuñas.
  
 Deste xeito, o atleta do C.D. Surco  Lucena, de Córdoba, suma unha nova medalla autonómica ao seu amplo palmarés e afronta xa o Campionato de España absoluto de pista cuberta, que se celebrará este sábado 29 de febreiro e domingo 1 de marzo por primeira vez na historia en Galicia, no recinto de Expourense.

Ningún comentario:

Publicar un comentario