CIG-SAÚDE APOIA A MANIFESTACIÓN CONVOCADA PARA ESTE SÁBADO NA CAÑIZA
CIG-Saúde da Comarca de Vigo apoia a MANIFESTACIÓN convocada o sábado 11 de xaneiro ás 11:30 horas desde o Concello da Cañiza até o Centro de Saúde, en defensa do mantemento da praza de medicina de familia que tiña encomendada a asistencia sanitaria en Valeixe.
A Atención Primaria debe manter os principios de accesibilidade e equidade na prestación asistencial e calquera medida que se tome debe telos en conta. Non podemos permitir a perda de recursos humanos próximos as necesidades da cidadanía e isto so é posible mantendo unha Atención Primaria forte, con dotación suficiente para garantir a asistencia sanitaria en condicións de igualdade no ámbito urbano e no rural.
CIG-Saúde da Comarca de Vigo anima á cidadanía e as e os profesionais da sanidade pública a participar na Manifestación do día 11 de xaneiro.
Vigo, 10 de xaneiro de 2020
CIG-Saúde da Comarca de Vigo
Ningún comentario:
Publicar un comentario