Política Social convoca unha nova orde de axudas para a concesión de prestacións por fillos a cargo menores de 3 anos
A dotación desta convocatoria é de 700.000 euros que se distribuirán en axudas de entre 360 e ata 2.400 euros
Infogauda / Galicia
O Diario Oficial de Galicia
(DOG) publica hoxe unha nova orde de axudas para as familias con fillos
a cargo menores de tres anos para este ano 2020. Estas axudas irán
destinadas a persoas que teñan nenas ou nenos de tres anos nados entre o
1 de xaneiro de 2017 e o 31 de decembro de 2017 e que durante o ano
2018 ningún dos integrantes da unidade familiar presentara a declaración
polo Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF) correspondente a
este período.
A dotación desta convocatoria é de 700.000 euros. A
prestación consistirá nun pagamento único por cada filla ou fillo, sendo
a contía por unha nena ou neno menor de 3 anos de 360 anos, 1200 cando
sexa a segunda filla ou fillo e 2400 para terceiros fillos e sucesivos.
As persoas interesadas deberán presentar un formulario normalizado por internet a través da sede electrónica da Xunta de Galicia
ou de maneira presencial en calquera dos lugares e rexistros
establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo
común. O prazo para realizalo comezará o día seguinte da súa publicación
no DOG e rematará 35 días hábiles despois.
Ademais deste
formulario, os solicitantes deben achegar unha copia do libro de
familia; xustificante de empadroamento; no caso de nulidade, separación
ou divorcio: a copia da sentenza ou resolución xudicial; e no caso de
adopción ou acollemento: a resolución xudicial ou administrativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario