Proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital
O día 22 de xaneiro realizaranse actuacións no centro de extensión de cobertura de Tebra para poder sintonizar distintos canles
Infogauda / Tomiño
O executivo municipal do Concello de Tomiño, que preside á alcaldesa Sandra González Álvarez, fixo público que para cumprir co proceso de liberación do segundo Dividendo Dixital, a Xunta de Galicia está poñendo en marcha unha serie de actuacións que axuden aos concellos a realizar os cambios necesarios nos centros de extensión de cobertura do sinal de TDT.
Ditas actuacións realizaranse o próximo mércores 22 de xaneiro no centro de extensión de cobertura de Tebra. O proceso consiste no apagado neste centro dalgunhas frecuencias de emisión actuais, e acendido nas novas frecuencias asignadas. Deste xeito, os beneficiados poderán desfrutar das canles da TDT, que se distribuirán do seguinte xeito:
Canle 24 (RGE1): TVE1, TVE1 HD, TVE2, TVE2 HD, Clan, 24H.
Canle 31 (RGE2): TDP, TDP HD, Clan HD, DKiss, Ten. Canle 36 (MUX AUTONOMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD Canle 39 (MPE2): Antena 3, La Sexta, Neox, Nova, A3 HD, Sexta HD.
Canle 43 (MPE3): Telecinco, Cuatro, Divinity, FDF, T5 HD, Cuatro HD.
Canle 45 (MPE4): Boing, Energy, Mega, 13TV.
Canle 46 (MPE1): Disney Channel, Paramount Channel, Dmax, Gol.
Canle 48 (MPE5): A3Series, Real Madrid TV, Be Mad, Ten.
Para poder seguir estas canles, as persoas interesadas deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro, podendo confirmar tanto o centro emisor coma a calidade da cobertura por vía telefónica no 881 866 388, ou na web www.tdtgalicia.gal.
A continuación, bastará con realizar unha busca das canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.
De cara a facilitar a información aos veciños, anexamos as entidades de poboación do seu concello que, segundo os nosos cálculos de cobertura, teñen a este centro de extensión de cobertura de TDT de Tebra como mellor servidor e que se beneficiarán deste cambio:
Parroquia Nome entidade Poboación
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) A BOUZAFRÍA 13
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) FRIÁNS 22
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) LUBIÁN 102
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) O CASAL 104
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) O SOUTO 74
SAN SALVADOR DE TEBRA (SAN SALVADOR) PAZARREIRA 14
TABORDA (SAN MIGUEL) A TOMADA 101
TABORDA (SAN MIGUEL) O PAZO 115
TEBRA (SANTA MARÍA) A IGREXA 112
TEBRA (SANTA MARÍA) A PEDREIRA 82
TEBRA (SANTA MARÍA) A PONTECIÑA 105
TEBRA (SANTA MARÍA) CIMADEVILA 156
TEBRA (SANTA MARÍA) O CARBALLAL 80
TEBRA (SANTA MARÍA) O OUTEIRO 155
TEBRA (SANTA MARÍA) SAMUELLE 92
TOMIÑO (SANTA MARÍA) O HOSPITAL 142
VILAMEÁN (SAN BIEITO) A ARROTEA 22
VILAMEÁN (SAN BIEITO) A GRANXA 41
VILAMEÁN (SAN BIEITO) O CASTRO 56
VILAMEÁN (SAN BIEITO) O PORTO 5
VILAMEÁN (SAN BIEITO) O RAL 107
VILAMEÁN (SAN BIEITO) VILAMEÁN 89
Ningún comentario:
Publicar un comentario