10 de dec. de 2019

A GUARDA

NA RÚA CONCEPCIÓN ARENAL “PERDEUSE” UNHA CAIXA DE CORREOS


Vista do lugar de emprazamento do buzón de Correos que “desapareceu” da rúa Concepción Arenal
Fotos: Infogauda
Nesta imaxe de arquivo pódese ollar o buzón que había na rúa Concepción Arenal


Infogauda / A Guarda

 Cando todo semella indicar que - por fin! - as obras da rúa Concepción Arenal están concluídas, ou iso parece - outra cousa son as opinións de non poucos veciños en relación as características físicas do “mini parque infantil de Chán de Conde” -; botamos en falla a caixa que Correos tiña ubicada desde facía bastantes anos diante da fachada principal da igrexa de San Bieito.

  Fixemos á correspondente consulta onde correspondía facela e dixéronnos que a caixa de Correos foi retirada cando ás obras da devandita rúa, e que por parte de quen correspondía, valla o xogo de palabras, preguntóuselle a primeira autoridade municipal se ía voltar a ser colocada no seu emprazamento. Ao parecer non houbo concrección. Dese xeito, a día de hoxe, a caixa de Correos que ao longo de moitos anos estivera ubicada na rúa Concepción Arenal, facendo o correspondente servizo postal e facilitándollo aos veciños da zona e visitantes, hoxendía atópase nas dependencias que Correos ten na vila guardesa, pendente de que en calquer intre sexa enviada a Pontevedra. E todo, porque cecais non se lle vexa utilidade, cando realmente tena.


Vista da zona onde podería reubicarse o buzón de Correos


 E se non se quer ubicar no seu antigo emprazamento, polo motivo que sexa, hai moi preto - na mesma rúa - un lugar que ben podería ser idóneo. En todo caso, sería realmente unha sinrazón que á veciñanza deixase de dispór dunha caixa de Correos por motivos que podemos intuir, pero que en todo caso non compartimos. 

 Por iso, desde este xornal dixital transfronteirizo propomos que por parte da Alcaldía de A Guarda se corrixa ese presunto esquecemento”, e máis cedo que tarde, móstrese onde corresponde, interese en voltar a contar coa caixa de Correos na rúa Conceoción Arenal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario