3 de ago. de 2019

O BAIXO MIÑO

Medio Ambiente solta máis de 6.000 xuvenís de salmón no río Deva no marco do proxecto transfronteirizo Migramiño  

Estes exemplares foron criados de forma artificial na piscifactoría que ten a Xunta de Galicia en Carballedo e agora servirán para incrementar a área de colonización desta especie no Baixo Miño

Desde 2017, xa se soltaron máis de 32.000 xuvenís no Deva, polo que a previsión é que os primeiros salmóns liberados volvan ao río para reproducirse o ano que vén 

O programa de reprodución artificial levado a cabo no marco deste proxecto de cooperación con Portugal permitiu soltar xa máis de 90.000 xuvenís de salmón no Baixo Miño desde o ano 2017     
Foto: X.G.

Infogauda / O Baixo Miño

 A Consellería de Medio Ambiente vén de realizar o repoboamento do río Deva, un antigo couto salmoneiro do Baixo Miño, con 6.000 xuvenís de salmón. Estes exemplares súmanse aos máis de 20.000 que xa se soltaran nesta canle en 2017 e aos 6.000 do pasado ano, unha acción que se enmarca no proxecto de cooperación transfronteirizo Migramiño e coa que se busca incrementar a área de colonización do salmón no tramo internacional desta bacía.  

 Todos estes salmóns foron criados na piscifactoría que ten a Xunta de Galicia en Carballedo (Cerdedo-Cotobade) a través da reprodución artificial do lote de salmóns do Miño formado por exemplares capturados na estación da presa de Frieira (Crecente-Padrenda) cando remontan o río para reproducirse despois de regresar das augas do Mar do Norte e de Groenlandia. Alí pasan dous ou tres anos antes de regresar ao río onde naceron. Por iso, calcúlase que en 2020 deberían regresar os primeiros salmóns liberados, xa adultos, para reproducirse no río Deva.  

 O programa de reprodución artificial levado a cabo no marco deste proxecto de cooperación con Portugal permitiu soltar xa máis de 90.000 xuvenís de salmón no Baixo Miño desde o ano 2017, 5.000 deles no río Mouro. É a primeira vez que se realiza unha repoboación de salmóns na parte portuguesa da bacía do Miño, grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e o Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (ICNF).  

 Outras medidas levadas a cabo conxuntamente entre as Administracións galega e lusa foi o plantado de ovos de salmón no río Gadanha e tamén está prevista unha solta de xuvenís de salmón no Limia, que marca o límite sur da distribución desta especie en Europa.  

 Ademais destas accións para mellorar a poboación do salmón, a Xunta e o ICNF teñen colaborado neste proxecto para a traslocación de angulóns dende a bacía de Freira a diversos afluentes do Miño en Portugal. Actualmente tamén se está a tentar a reprodución artificial por primeira vez do sábalo, outra especie migradora presente no río e que está catalogada como “vulnerable” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas. 

Obxectivo de repoboación superado  

 Todas estas accións de reforzo das poboacións de peixes migradores enmárcanse no proxecto Migramiño, cuxa finalidade é mellorar a protección e conservación do hábitat fluvial da bacía do río Miño no tramo internacional, desde o encoro de Frieira ata a súa desembocadura. Cando se puxo en marcha, esta iniciativa prevía lograr a repoboación de 80.000 xuvenís de salmón entre os anos 2017 e 2019, cifra que xa se superou amplamente coas campañas realizadas ata o momento.  

 Ademais da Xunta de Galicia e do ICNF, no proxecto transfronteirizo Migramiño participan tamén os organismos de xestión da bacía a ambos lados da fronteira (Confederación Hidrógrafica do Miño-Sil e Agência Portuguesa do Ambiente), as institucións investigadoras especialistas na temática (Universidade de Santiago de Compostela e Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental) así como a Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, onde se sitúa o Aquamuseu do Río Miño.  

 Toda a información dispoñible sobre o proxecto está na web migraminho (http://migraminho.org/4788-2/), onde tamén se pode consultar un vídeo realizado pola Xunta de Galicia para explicar o ciclo reprodutivo e o traballo de repoboación que se está a levar a cabo tanto na parte galega como portuguesa do río Miño.

CULTURA

Román Rodríguez salienta en Lorient o carácter multicultural do Camiño ao recibir peregrinos de preto de 180 países  

O conselleiro de Cultura e Turismo inaugurou no festival celta a mostra ‘O Camiño de Santiago. Unha experiencia contemporánea de peregrinación’

O titular de Cultura e Turismo subliñou que a exposición recolle “boa parte dos elementos que fan do Camiño unha experiencia inolvidable” 
Foto: X.G.
Subliñou a importancia do vindeiro Ano Santo como evento que constituirá un dos maiores acontecementos culturais dos próximos anos en toda Europa  

Esta noite o teatro de Lorient acollerá o espectáculo central de Galicia no que participarán nove artistas e bandas galegas de renome

Infogauda / Lorient

  O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, salientou o carácter multicultural do Camiño de Santiago ao recibir peregrinos de preto de 180 países durante a inauguración en Lorient da mostra fotográfica O Camiño de Santiago. Unha experiencia contemporánea de peregrinación. Trátase dunha das actividades incluídas no marco da 49ª edición do Festival Intercéltico de Lorient, que este ano celebra o Année de la Galice (Ano de Galicia).  

 A mostra está formada por preto dunha vintena de imaxes elaboradas polo fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel que recollen algúns dos valores da peregrinación a Santiago, como son a presenza da natureza, o patrimonio artístico, as cidades e os paisaxes das rutas xacobeas, pero tamén a convivencia, o encontro, o esforzo ou a mestura de culturas.  

 O titular de Cultura e Turismo subliñou que a exposición recolle “boa parte dos elementos que fan do Camiño unha experiencia inolvidable”. Neste sentido, lembrou que o 98% dos peregrinos que percorren a Ruta Xacobea cren que se trata dunha experiencia que recomendarían a un terceiro.  

 Segundo puntualizou Román Rodríguez, tanto a exposición fotográfica como a presenza de Galicia en Lorient son accións que contribuirán a difundir a identidade e a cultura de Galicia coa ollada posta no próximo Xacobeo 21, un evento que constituirá un dos maiores acontecementos culturais dos próximos anos en toda Europa. “Será un reto de enorme magnitude para o que precisamos a colaboración de todos”, puntualizou.  

 Esta noite o teatro de Lorient acollerá o espectáculo central de Galicia que contará coas actuacións da banda de música de Silleda, da banda de gaitas de Forcarei e dos artistas Josele, Begoña Lorenzo, o grupo de baile Xirandela, as Pandereteiras Bouba, Suso Vaamonde e Davide Salvado. 

Concertos, gastronomía e turismo  

 A meirande parte das actividades que terán lugar durante a celebración do Ano de Galicia en Lorient centralizaranse no pavillón dedicado á nosa Comunidade, co que se reforzará a promoción da música e a danza galega, ao tempo que se favorece a promoción de Galicia como destino cultural, gastronómico e turístico de cara ao vindeiro Ano Santo aproveitando que acudirán ao festival preto de 750.000 persoas chegadas de todo o mundo. O recinto acollerá 55 concertos nos que participarán máis de 300 artistas.  

 Como complemento ao programa artístico, Galicia fai gala da súa riqueza gastronómica a través da degustación de produtos típicos, ademais de promocionar a súa calidade como destino turístico, en colaboración co clúster galego do sector.  

 A delegación galega está composta por unha ampla nómina de artistas entre os que destacan algúns dos artistas máis internacionais da música galega, como Carlos Núñez, Mercedes Peón ou Milladoiro, xunto con artistas que están a renovar a nosa tradición musical, como Davide Salvado, Aliboria ou Tiruleque, e agrupacións que traballan día a día na súa recuperación, mantemento e difusión.

MOLEDO (CAMINHA)

Praia de Moledo está cada vez mais atrativa

O Município investiu na requalificação da praia de Moledo mais de 130 mil euros


Agora com esta intervenção, para além de hastear as Bandeiras Azul da Europa, Praia Acessível e Qualidade de Ouro, fatores que por si só a tornam uma das praias mais procuradas do norte, a praia de Moledo é um convite ao passeio
Foto. C.M.C.

Infogauda / Caminha

 A Praia de Moledo, um dos cartões de visita do concelho, parece um autêntico postal ilustrado. A empreitada “Arranjo do Topo Sul do Paredão da Praia de Moledo” já está concluída, conferindo-lhe uma atratividade ímpar, nomeadamente à noite, com condições de atrair cada vez mais banhistas e visitantes.  O Município investiu na requalificação da praia de Moledo mais de 130 mil euros, cumprindo, assim, uma aspiração antiga dos moledenses e de todos aqueles que frequentam aquela praia.   

 O Topo Sul do Paredão da Praia de Moledo encontrava-se em mau estado e não conferia à praia a qualidade merecida. Agora com esta intervenção, para além de hastear as Bandeiras Azul da Europa, Praia Acessível e Qualidade de Ouro, fatores que por si só a tornam uma das praias mais procuradas do norte, a praia de Moledo é um convite ao passeio.   

 A empreitada “Arranjo do Topo Sul do Paredão da Praia de Moledo”, uma obra muito desejada, incluiu vários trabalhos: execução de um muro em betão; criação de um parque para bicicletas, construção de uma casa de banho de apoio e pavimentação do passeio. Foi ainda colocado mobiliário urbano, com destaque para um banco corrido em granito e iluminação pública e decorativa.   

 É de salientar que o projeto da obra em causa foi oferecido à Junta de Freguesia de Moledo e Cristelo pelo arquiteto André Correia Fernandes, que por sua vez o ofereceu ao Município de Caminha.

VILA NOVA DE CERVEIRA

FESTA DA HISTÓRIA
Os cultos medievais
22 a 25 de agosto, 2019 


Infogauda / Vila Nova de Cerveira

 Ano após ano, a Festa da História de Vila Nova de Cerveira tem afirmado a sua posição no roteiro nacional das Feiras Medievais e, 2019, não será exceção.  

 Sob a temática "Os Cultos Medievais", não vai faltar o habitual cortejo medieval, um conjunto diversificado de espetáculos de teatro, música, falcoaria real, malabarismo e acrobacias, demonstração de serpentes, danças orientais e ofícios, para além da mostra e venda de produtos artesanais e gastronómicos.   

Dia 22: 17h00-24h00 
Dia 23: 11h00-24h00 
Dia 24: 10h00-24h00 
Dia 25: 11h00-23h00  

Localizaçâo: Centro Histórico 
Organizaçâo: Câmara Municipal com produção da Velha Lamparina

OIA

Durante as fins de semana de agosto    

O casco histórico de Oia énchese de música

Compoñentes do grupo A Roda
Foto: F.

Infogauda / Oia

 O casco histórico de Oia encherase de música durante as fins de semana de agosto, con actuacións na rúa de grupos e bandas de diversos estilos musicais que amenizarán as tardes e noites do Arrabal durante todo o mes.  

 A programación musical organizada polo Concello de Oia arrancará este domingo día 4 coa actuación da formación de música tradicional A Fiada, de Viladesuso, ás 20.00 horas na Praza da Centinela.  

 A seguinte actuación será o venres 16 de agosto. Nesta ocasión, o grupo A Roda será o encargado de amenizar e darlle ao barrio un ambiente festivo (23.00 horas a carón do Mosteiro). 

 Ao día seguinte, o sábado 17 de agosto, o grupo Rock Q’Mola actuará ás 21.00 horas na Centinela cos seus temas clásicos roqueiros e de baile.  

 A programación pecharase o domingo 25 coa actuación do cuarteto local As Caramuxas. Esta xoven formación de pandereteiras actuará ás 20.00 horas na Centinela.  

 Esta programación musical nutrirase con novas actuacións ao longo do mes, as cales poderán consultarse na páxina web do Concello de Oia e tamén na páxina de Facebook da Oficina de Turismo.     

Cortes de tráfico na Centinela  

 A partir do domingo día 4, e durante as fines de semana de agosto, o tráfico rodado permanecerá pechado na Praza da Centinela entre as 20.00 e as 22.30 horas, co obxectivo de facilitar o desenvolvemento da actividade cultural e dinamizar este lugar como punto de encontro entre a veciñanza.  

 Ademais, nos próximos días o barrio histórico decorarase con flores de papel e outros adornos elaborados polos nenos e nenas participantes nos obradoiros #Oiaensepia e o campus de verán que se desenvolve no CEIP Mestre Manuel García.