12 de dec. de 2019

O ROSAL

O CONCELLO DO ROSAL E A ANPA DO CPI SUAREZ MARQUIER ASINAN UN CONVENIO 
PARA O USO DO COMEDOR ESCOLAR

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís - no centro da imaxe - , e a presidenta da ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier, Milagros Pérez Enríquez, asinaron o convenio de uso do comedor escolar habilitado polo Concello
Foto: C.O.R.

Infogauda / O Rosal 
 A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e a presidenta da ANPA do CPI Manuel Suárez Marquier, Milagros Pérez Enríquez, asinaron hoxe o convenio de uso do comedor escolar habilitado polo Concello en dependencias da Escola de Oficios, contiguas ás instalacións do centro educativo. 
 No convenio acórdase que a ANPA xestionará o comedor e o Concello farase cargo do mantemento das instalacións. O comedor comezou a funcionar na primeira semana do pasado mes de novembro e está a dar servizo ao alumnado de primaria e secundaria do centro educativo mediante a contratación dun servizo de cátering. 
 Queda pendente asinar un convenio de cesión do espazo coa Consellería de Educación para que a ANPA poida concorrer ás axudas que convoca anualmente este organismo para o cofinanciamento dos servizos de comedor escolar, tal e como se comprometera coa anterior corporación municipal o xefe territorial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario