Comeza o Mercado de Nadal
Desde esta fin de semana na vila
O alcalde do Concello de A Guarda, Antonio Lomba Baz e as concelleiras Fátima Rodríguez Marcos e Mª Elena Baz Rodríguez, na pista de patinaxe sobre xeo da Alameda
Foto: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Despois do arranque a pasada fin de semana, da programación do Nadal 2019/20 na vila co acendido do alumeado de Nadal, dende este venres 13 de decembro, comezará o Mercado de Nadal, ubicado na Praza de Avelino Vicente González (onde está á réplica do As de Copas), e tamén as primeiras actividades programadas na Praza de Juan Bautista Alonso Español (Monterreal) e continúa aberta a pista de patinaxe da Alameda.
Ao tempo que desde o executivo municipal salientan que o alumeado de Nadal está a espertar entre os guardeses e visitantes moita expectación, dende o Concello recórdase que as fotos do Nadal teñen premio, cun sorteo de puntos para a pista de xeo entre todos os que compartan as súas fotos coas etiquetas #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas redes sociais.
Mercado de Nadal
Este venres día 13 de decembro comeza na Praza Avelino Vicente, o Mercado de Nadal, un espazo que abrirá as súas portas todos os días de 10:00 a 21:00 horas, e que contará con máis dunha ducia de postos con produtos coma herbas mediciñais, ambientadores, artesanía, bixutería, complementos, entre outros.
Ademais de contar as fins de semana con postos de oferta gastronómica entre a que destaca viño quente, cafés, ponches, chocolate quente, madalenas, filloas, e moito máis.
Este Mercado de Nadal estará aberto ata o 6 de xaneiro.
Nadal solidario Conrazones
O sábado 14 e domingo 15 de decembro, a Praza de Juan Bautista Alonso (Monterreal) será o escenario para a realización dun Mercadillo Solidario a cargo do colectivo Conrazones, que traballa con familias da nosa contorna.
Este mercadillo estará aberto de 10:00 a 18:00 horas.
Pista de patinaxe sobre xeo
A Alameda conta cunha pista de patinaxe sobre xeo que estará en funcionamento ata o 19 de xaneiro.
A pista de xeo abre de luns a venres de 16:00 a 21:30 horas, e as fins de semana de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:30 horas, cun horario especial para o 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro de 16:00 a 21:30 horas e os días 24 e 31 de decembro de 12:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
Este ano establécese un sistema de puntos que permitirá facer promocións a través das empresas locais, cada entrada para a pista de patinaxe terá un custo de 7 puntos e cada punto terá un valor de 1€. Todos aqueles comercios que desexen dispor de puntos para a pista de patinaxe poderán mercar os que desexen na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 608 920.
As empresas que se adhiran ao sistema de puntos deberán de manter o seu compromiso de dispor de puntos nos seus establecementos ao longo da duración da campaña de Nadal, do 5 de decembro ao 19 de xaneiro, o seu reparto entre os seus clientes queda á elección de cada comerciante, os puntos que non se consuman ao remate da campaña serán reembolsados.
Exhibición de patinaxe
Este venres ás 18:00 horas, a pista de patinaxe sobre xeo será o escenario para unha exhibición a cargo dos deportistas do Clube A Guarda Hockey Liña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario