11 de dec. de 2019

GOIÁN

EL CAIRO CONFIDENCIAL, NO CINECLUB POLEIRO DE GOIÁN 

O xoves día 12 de decembro, ás 21:30 horas, no auditorio de Goián 



Rita Alonso Pérez / Goián            

 O Cineclub Poleiro proxecta o xoves día 12 de decembro, ás 21:30 horas, no auditorio de Goián, un thriller sueco.  

 EL CAIRO CONFIDENCIAL conta con guión e dirección de Tarik Saleh. Foi premiada coa Espiga de Ouro na Seminci de Valladolid e mellor Película Internacional en Sundance (2017)             

 Sinopse: Un detective corrupto, cun futuro brillante no corpo de policía, antepón o facerse  rico ao seu traballo. Debe investigar a aparición do cadáver dunha muller nun hotel. Vai avanzando na identificación, nas conexións e ao tempo vai descubríndose a si mesmo.   

LAZZARO FELIZ, EN XANEIRO

 O xoves 9 de xaneiro, cine fantástico, LAZZARO FELIZ, da directora italiana Alice Rohwacher, galardoada co premio ao Mellor Guión, en Cannes, e o Premio Especial do Xurado en Sitges (2018)              

 Sinopse: Lazzaro, un campesino de excepcional bondade vive nunha aldea lonxe do mundo, controlada pola marquesa Alfonsina de Luna. Alí os campesinos son explotados e abusan da súa bondade. Un día coñece ao fillo da marquesa e comenza unha amistade que leva a Lazzaro á través do tempo a coñecer o mundo moderno.       

 O Cineclub Poleiro recibe financiamento da Federación de Cineclubes de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Tomiño

Ningún comentario:

Publicar un comentario