11 de dec. de 2019

O ROSAL

ACTIVIDADES MUSICAIS NADAL 2019     

Organizadas pola Agrupación Musical do Rosal



Cartel anunciador, debuxo de Daniela Fernández Vicente, de 10 anos, primeiro premio do V Concurso de Carteis de Nadal


Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 Con motivo das festas do Nadal, a Agrupación Musical do Rosal organiza durante este mes varias actividades que terán lugar no Auditorio Municipal do Rosal.  

 A primeira delas será o Festival de Nadal que terá lugar este domingo día 15 ás 18:30 horas e no cal participarán os nen@s de Iniciación Musical e da Escola de Música, Coro, Coro Infantil, Minibanda e Banda Infantil da nosa Agrupación, que ofrecerán un concerto moi entretido para o público. Durante o transcurso do acto realizarase a entrega dos premios do V Concurso de Carteis de Nadal. Na entrada principal do auditorio estarán expostos os debuxos gañadores e finalistas do concurso que, dentro da escola de música, organiza anualmente a asociación.

 Os días 20 e 21 de decembro, será o turno dos alumnos da escola de música que ofrecerán a primeIra audición deste curso (Vento madeira, vento metal, percusión e corda), ás 20:00 horas e 20:30 horas, respectivamente. 




 O domingo 22 de decembro ás 19:00 horas a banda de música da Agrupación Musical do Rosal, dirixida por Javier Alonso Pérez estará acompañada das voces das artistas convidadas Andrea Pousa e da lusa Ana Almeida. Ofrecerán o espectáculo musical "Voces da Raia", no cal se interpretarán temas de unha e outra beira do Miño. Será a primeira vez que podamos desfrutar dun proxecto destas características, onde mesturamos as voces líricas con arranxos sinfónicos sobre temas "de sempre" que vencellan dúas culturas e dúas linguas irmás: a galega e a portuguesa. As entradas para poder asistir a este evento teñen un custo de 3 € e pódense mercar na oficina da agrupación, no Auditorio (porta lateral). 

 Para máis información ou reserva de entradas porse en contacto nos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792

Ningún comentario:

Publicar un comentario