24 de dec. de 2019

A GUARDA

A unidade móbil de doazóns de sangue visitará a nosa vila

Estará instalada xunto ao Centro Cultural, o venres día 3 e o sábado día 4 de xaneiro de 2020 

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia voltará novamente a nosa vila os días 3 e 4 de xaneiro
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará visitará a nosa vila o venres día 3 e sábado día 4 de xaneiro de 2020.  

 A devandita unidade estará emprazada na Rúa Rosalía de Castro (a carón do Centro Cultural) o venres día 3 en horario de 10:00 ás 14:00 e de 16:00 ás 21:00 horas e o sábado día 3, de 10:00 ás 15:00 horas. 

 Grazas ao emprego destas unidades móbiles, o Centro de Transfusión de Galicia intenta facilitar a todos os cidadás o solidario xesto de doar sangue. Sen a implicación de todos é imposible acadar as 500 doazóns de sangue que se precisan cada día nos hospitais galegos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario