19 de dec. de 2019

A GUARDA

Suspensión do Mercado de Nadal na Guarda


 Concello de A Guarda

 Debido aos graves danos sufridos durante a tarde de onte nas carpas instaladas na Praza de Avelino Vicente, a empresa encargada da súa montaxe decidiu retiralas todas ante a posibilidade de que as dúas que quedaron en pé puideran acabar sendo danadas durante a noite polas fortes rachas de vento. 

 Por este motivo dende o Concello vémonos obrigados a suspender o Mercado de Nadal tal e como estaba concibido.  

 Trataremos de manter os camions de comida que tiñamos previsión de que comezasen a funcionar a pleno rendemento durante a próxima fin de semana, e trataremos, na medida do posible, de buscar algunha outra alternativa para conseguir que, a pesares do mal tempo, podamos gozar dun Nadal cunhas rúas cheas de vida.

Ningún comentario:

Publicar un comentario