Novo vehículo de emerxencias para o GES de A Guarda
Viu completamente equipado e está valorado en máis de 213.000 euros
Viu completamente equipado e está valorado en máis de 213.000 euros
A imaxe corresponde ao momento en que todos os presentes foron informados das características técnicas do novo vehículo
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda, que preside o alcalde Antonio Lomba Baz fixo público no día de hoxe, luns 16 de decembro de 2019, que “o pasado mércores día 11 de decembro o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do concello da Guarda recibiu un novo camión tipo Bomba Rural Lixeira (BRL) que será empregado tanto para incendios urbanos coma forestais e diversas incidencias coma accidentes de circulación”.
Foto de "familia" na base do GES de A Guarda
A este acto asistiu o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela; o delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva Álvarez; o xerente da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), Marcos Araújo Pereira, unha representación da Corporación Municipal de A Guarda, encabezada polo alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz; a alcaldesa de Oia, Cristina Correa Pombal; membros de corporacións municipais do Baixo Miño, así como boa parte dos 12 membros que conforman o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) de A Guarda.
O novo vehículo de primeira saída completamente equipado, está valorado en máis de 213.000 euros e dispón dun motor de 280 CV e tracción total 4x4. Tamén conta cunha bomba de impulsión de alta e baixa presión cun depósito de 2.000 litros de auga e de armarios nos que albergar o material necesario para facer unha primeira intervención na extinción de lumes. Ademais, os seus oito focos LED e un mástil de iluminación permiten realizar intervencións en situacións de pouca luminosidade. Ven a completar o equipamento terrestre e acuático co que conta o servizo de emerxencias da Guarda e mellorar a eficacia ante calquera intervención.
Esta adquisición enmárcanse no proxecto de Asistencia Recíproca Interrexional en Emerxencias e Riscos Transfronteirizos ARIEM+, unha iniciativa de colaboración que lidera a Xunta de Galicia co obxectivo de xestionar de forma conxunta os recursos para mellorar a atención e a coordinación das emerxencias nas zonas limítrofes con Portugal.
O alcalde de A Guarda e responsable de Emerxencias do municipio destacou o gran labor que realiza o GES de A Guarda no seu ámbito xeográfico de actuación, que abarca aos concellos de A Guarda, O Rosal, Oia e Tomiño, cun total de 919 incidencias atendidas no ano 2018.
O vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela e o alcalde de A Guarda, Antonio Lomba Baz, asinando á documentación do novo vehículo
Malia a precariedade de medios existentes no ano 2013, cando se formou o GES de A Guarda, grazas a un importante esforzo económico en dotación de materiais por parte do concello guardés e a diversas cesións de materiais da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, o GES de A Guarda conta arestora cunha importante cantidade de medios que optimizan e melloran o seu servizo
Entre as incidencias máis frecuentes destacan os accidentes, seguido de operativos por animais, xestións medioambientais, incendios urbanos e forestais, incidencias relacionadas coa circulación, operativos varios, riscos, salvamento e rescate, sanitarios e de seguridade.
A formación dos 12 efectivos que forman parte do GES de A Guarda é unha parte primordial para realizar unha atención adecuada no momento de incidencias reais. Por este motivo participan activamente ao longo do ano en actividades de formación e simulacros de emerxencias xunto con outros equipos de emerxencias como o helicóptero Pesca 1 do Servizo de Gardacostas e tamén realizan charlas e xornadas de emerxencias en diferentes centros educativos do Concello de A Guarda, participación en eventos acuáticos coma travesías a nado, entre outros.
Neste senso o GES de A Guarda, dende o programa control velutina, a través do 012, leva xestionado aproximadamente un total de 370 incidencias dende o 11/06/2016 ao 11/09/2019.
O GES de A Guarda realiza diversas charlas informativas nos centros educativos do municipio, que teñen coma obxectivo que a población escolar saiba como actuar ante situacións de risco ou emerxencias, coñecendo o funcionamento dos plans de autoprotección dos seus respectivos colexios e centros educativos, así coma saber coma realizar unha correcta evacuación en caso de incendio, grazas á realización de simulacros de evacuación.
Tamén destaca a colaboración coa Consellería de Medio Rural na atención dos incendios forestais, prestando unha atención inmediata e apoio nos diferentes incendios que afectaron aos montes da nosa contorna.
Cabe destacar, que a empresa IKF España S.A., conta todos os anos co Grupo de Emerxencias Supramunicipal para participar no simulacro programado, así como facilitar o seu Plan de Autoprotección para que os integrantes do servizo teñan coñecemento dos riscos que se poden presentar nas súas instalacións.
Dende o Concello de A Guarda se manifesta a aposta firme pola dotación de novos medios e o mantemento deste servizo de emerxencias, primordial para atender as incidencias na nosa zona, ante o illamento xeográfico, traballando pola mellora do GES de A Guarda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario