6 de dec. de 2019

A GUARDA

Co acendido do alumeado 

Comezou na vila a ampla programación de Nadal

Esa foi á imaxe da Praza do Reló na trdiña de onte, cando foi acendido o alumeado deste Nadal
Fotos: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 A Praza do Reló acolleu na tardiña de onte xoves día 5 de decembro, as primeiras actividades programadas para o arranque da programación do Nadal 2019/20 na vila guardesa co acendido do alumeado de Nadal. 

 Nesa primeira xornada tivo lugar unha actuación de Mere-Clown co espectáculo “Aparvaolimpiadas”, congregando a un bo número de persoas na Praza do Reló. 

A tenente alcalde, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, na súa intervención de onte


 Intres máis tarde, a tenente alcalde, Mª Montserrat Magallanes Álvarez, adicou unhas verbas aos presentes para dar paso a unha proxección sobre a Torre do Reló cunha conta atrás que rematou co acendido do alumeado de Nadal en toda a vila, seguido do concerto infantil de “Luis Vallecillo”. 

“Luis Vallecillo” na súa actuación


 Causaron moita curiosidade as letras iluminadas instaladas na Alameda e a bola da Praza Avelino Vicente, onde se reuniron centos de persoas para inmortalizar coas súas cámaras as primeiras imaxes deste Nadal, que ademais ven cun sorteo de puntos para a pista de xeo entre todos os que compartan as súas fotos cos hashtags #AGuardaéNadal e #NadalnaGuarda nas Redes Sociais. 

Vista parcial do alumeado de Nadal na Praza de Avelino Vicente e Rúa Concepción Arenal


 A Guarda deu á benvida a un tempo de Nadal moi especial este ano, voltando novamente a pista de xeo - que xa abriu súas portas - na Alameda, e tamén incorporando un Mercado de Nadal, que dentro de poucos días poderemos ollar na Praza de Avelino Vicente e un espazo para obradoiros e actividades infantís na Praza de Juan Bautista Alonso, xa para por o broche final, unha Cabalgata de Reis Magos moi especial.  

Variedade de propostas para todas as idades 

O desexo de un Bó Nadal está presente na Alameda da vila


 Entre as actividades culturais destacan, animación e Ludoteca para nenas/os, concertos para a mocidade, Cantos de Nadal e Concertos do Conservatorio.  

 Tamén cabe destacar a implicación por parte das asociacións, que colaboran como cada ano na decoración das prazas na campaña Decora o Teu Nadal e acompañando ós Reis Magos na Cabalgata co acompañamento das carrozas de “La Fiesta Escénica”, do día 5 de xaneiro, ás 18:00 horas, desde á Alameda ata a Praza do Reló, ou organizando mercadillos solidarios, exposicións, chocolatadas e sorteos de cheques regalo.  

 Programación de Nadal, 2019

Ningún comentario:

Publicar un comentario