VISIT RIO MINHO ACHÉGASE A BADAJOZ PARA DAR A COÑECER A MARCA RÍO MINHO NA 30ª EDICIÓN DA FEIRA FEHISPOR
O evento celebra este ano a súa 30ª edición coa presenza de máis de 200 marcas
Arranca co encontro dos proxectos Turismo / Interreg de España e Portugal
O proxecto Visit Rio Minho participa na 30ª edición da Feira Hispanoportuguesa (FEHISPOR)
Foto: D.PO.
Infogauda / Badajoz
O proxecto Visit Rio Minho, confinanciado nun 75 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) no marco da convocatoria de axudas do Programa de Cooperación Territorial Interreg V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, participa na 30ª edición da Feira Hispanoportuguesa (FEHISPOR) que se celebra dende hoxe ate o 24 de novembro en Badaxoz.
Esta nova edición de Fehispor arranca cun encontro de proxectos turísticos do programaInterregV-A de España e Portugal, que porán en común as accións que promoven, as relacións e o turismo transfronteirizo. Visit Rio Minho leva como estandarte a marca RioMinho, creada a partir dun rigoroso estudo, co obxectivo de potenciar a visibilidade do territorio e poñer en valor o patrimonio material e inmaterial do río Miño transfronteirizo.
A marca Rio Minho acolle a oferta cultural, de ocio, gastronómica e turística do territorio e conta coa implicación dos concellos e cámaras municipais que forman parte do río Miño transfronteirizo, dando como resultado un destino único de gran atractivo.
A visita á feira Hispanoportuguesa suporá un impulso para a marca Rio Minho, que dará a coñecer o valor do territorio do río Miño nun entorno predisposto ás relacións transfronteirizas nun marco turístico e cultural.
A feira Fehispor
Fehispor celebra este ano a súa 30ª edición coa presenza de máis de 200 marcas de diversos sectores, co obxectivo de potenciar e descubrir un ano máis o mellor da cultura española e portuguesa, aglutinando empresas e visitantes de ambos países.Ao longo dos anos, o evento consolidouse como unha feira de referencia, albergando a visita de case 30.000 persoas en edicións anteriores.
A feira hispanoportuguesa, que tenlugar no recinto feiral de Badajoz, conta coa colaboración de Turiberia, unha axencia de viaxes online que impulsa o turismo hispanolusoe que da lugar a unha das novidades desta edición: a I Mostra de Turismo Hispanoluso, un novo espazo temático sobre turismo ibérico que permitirá aos asistentes percorrer os destinos máis destacados da península e coñecer as accións de cooperación transfronteiriza que se están a efectuar.Ademais, haberá unha exposición da historia do fado e un mercado degustación de produtos de ambas rexións.
Visit Rio Minho
O proxecto Visit Rio Minho xorde co obxectivo de promocionar o río Miño como destino ecoturístico a través de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental.
Son socios de Visit Rio Minho a Deputación de Pontevedra (socio principal), a AECT Rio Minho, o Centro Tecnolóxico do Mar - CETMAR, a Comunidade Intermunicipal do Alto Minho - CIM Alto Minho, o Centro de Estudios Euro Rexionais Galicia Norte de Portugal (FCEER), a Universidade de Vigo e os concellos de Caminha, Melgaço, Monçao, Paredes de Coura e Valença.
Ningún comentario:
Publicar un comentario