A ASOCIACIÓN STOP ACCIDENTES CONMEMOROU O DÍA MUNDIAL EN LEMBRANZA DAS VÍCTIMAS DE VIOLENCIA VIAL
O domingo 17 de novembro, con actos en Vigo e en Cangas do Morrazo
A presidente de Stop Accidentes - Galicia, Jean Picard Mahaut - terceira pola esquerda - con Carmiña Pérez Alonso, Antonio José Uris Alonso e outra colaboradora, diante do Monumento ás víctimas de violencia vial, no Balcón de Aragón (Vigo)
Fotos: Stop Accidentes
Fotos: Stop Accidentes
Infogauda / Vigo / Cangas do Morrazo
Con motivo do Día Mundial en Lembranza das Víctimas de Violencia Vial, a Asociación Stop Accidentes desenvolveu o pasado domingo día 17 deste mes, múltiples actos en diferentes cidades do Estado Español: Barcelona, Granada, Jaén, Madrid, Santander, Valencia, Valladolid, A Coruña, Vigo, Ourense, Cangas do Morrazo, Donostia e Zaragoza.
En todas elas colabouraron directivos e voluntarios de Stop Accidentes, supervivintes de sinistros viais, membros da Policía Local, así como persoas pertencentes a diversos colectivos socio culturais.
Na cidade de Vigo, houbo unha concentración na Praza do Rei, na que ademáis de membros de Stop Accidentes, participaron ciclistas do club A Golpe de Pedal e compoñentes do Grupo Moteiro "4 Amigos".
Desde alí partirían en dirección ao Balcón da rúa Aragón, onde familiares de víctimas de violencia vial, efectivos da Policía Local de Vigo, ciclistas e moteiros, diante do Monumento as víctimas viais, participarían nunha ofrenda floral e no minuto de silenzo.
Arredor das 11:45 horas, os ciclistas retornarían a Praza do Rei e os moteiros e familiares das víctimas sairían en dirección a Cangas do Morrazo, ata o Monumento en lembranza das víctimas viarias, situado diante da Casa da Cultura.
Os actos na vila morracense consistiron na lectura do manifesto de STOP Accidentes, tralo cal gardaríase un minuto de silenzo. A continuación foi interpretada unha peza musical.
Tamén houbo varias intervencións das autoridades presentes.
Asemade Houbo un Panel da Lembranza: Espazo #uncompromisoporlavida para que as persoas asistentes reflexaran súas mensaxes e desexos, expuxesen fotografías, etc.
Na mesma data tivo lugar a presentación da exposición da VII edición Concurso nacional de fotografía Peatón, no atravieses tu vida.
E dentro da iniciativa #Sembrandovidas: á organización agasallou sementes e ao pe do monumento foi plantada unha árbore.
O acto rematou cos agradecementos e a clausura do mesmo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario