15 de nov. de 2019

OBITUARIO

FALECEU O DR. JOAQUÍN LEMOS ZUNZUNEGUI


Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui
Foto: Cedida


Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

 Con grande pesar damos conta do inesperado falecemento no día de hoxe, nun hospital da cidade de Vigo - onde levaba ingresado varios días -, do Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui.

 Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, o Dr. Joaquín Lemos Zunzunegui exerceu com médico Xeral e de Familia; e tamén como radiólogo. Foi un dos cofundadores do Grupo Policlínico La Guardia, S. L., entidade que supuxo unha importante achega ao coidado da saúde da maioría da poboación de A Guarda e súa comarca. Ademáis da súa ampla labor nesa entidade policlínica da vila guardesa, o Dr. Lemos tamén desempeñou súa actividade profesional como especialista do Centro de Diagnóstico Avanzado (CAD) de Vigo, así como no Centro Médico El Castro, de Vigo; nas Clínicas Gaias, de Vigo e Santiago de Compostela; e na Clínica Thermalia, de Tui.

 Ao Dr. Lemos lembrarémolo sempre con gratitude. Por moitas razóns de tipo persoal, máis sobor de todo pola súa impagable atención, bonhomía, profesionalidade e proximidade, que sempre tivo cos seus pacientes. E ademáis deses valores que prodigaba no exercicio da súa actividade como médico, era unha persoa activa e con inquedanzas por acadar máis coñecementos na súa carreira profesional e contribuir a espallalos a outros médicos.

 Ademáis de non esquecernos do seu talante campechano, e ao mesmo tempo resolutivo, informando axeitadamente ao paciente e a seu entorno máis inmediato, era unha persoa con verdadeira vocación investigadora que estaba ao día nos avances médicos nas áreas da súa especialidade.

 Tamén temos constancia da súa afección artística, e máis en concreto pola escultura, fotografía, pintura,... Grazas a súa oportuna participación tivemos oportunidade de descobrer unha mostra do magnífico legado artístico do fotógrafo guardés Prudencio Vicente Sobrino.

 Autor da publicación "Ecografía Musculoesquelética", o Dr. Lemos Zunzunegui, tamén exerceu como experto divulgador e ponente en varios congresos e encontros profesionais nacionais e internacionais, así como en cursos teórico-prácticos de Ecografía Clínica, Ecografía Musculoesquelética, Ecografía de Hombreiro e Tórax,...,  habendo participado en mesas científicas de actualización en Aparato Locomotor, etc...

 Desde hoxe, somos un pouco máis pobres. 

 Ainda sen repornos da tristeira nova do pasamento do Dr. Lemos, sentimos de preto a perda irreparable dunha persoa moi válida, que contribuiu a unha maior calidade da saúde e por conseguinte, de vida, de moitas persoas, non soio de A Guarda, senón de toda a comarca do Baixo Miño, e por suposto, naquelas outras áreas xeográficas onde desenvolveu súa intensa actividade como médico.

 Botarémolo moito de menos, sobor de todo porque ainda tiña moito que aportar á toda á comunidade.

 Desde este xornal dixital, queremos expresar nosa condoenza a súa esposa Rosa Portela Moreira, a seus fillos e demáis familiares do inesquencible Tito Lemos, como era amical e popularmente coñecido por todos, sen distinción, e ao mesmo tempo con respecto.

2 comentarios:

  1. Efectivamente, desde hoy somos un poco más pobres..
    Te recordaremos de una manera muy especial y entrañable, Tito❤️

    ResponderEliminar
  2. Toda la Comarca del Baixo Miño, le debe mucho al Dr. Tito Lemos, ha sido un gran Médico y mejor Persona. Por ello, desde mi humilde opinión. Pronpongo elevar al Ayto. De A Guarda, nombrarle hijo predilecto y dedicarle una Calle que lleve su nombre y un busto en la calle de la Clínica, aunque sea por suscripción popular.

    ResponderEliminar