CONCENTRACIÓN NA PRAZA DO CALVARIO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
Infogauda / O Rosal
Concentración para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra á Violencia de Xénero
Fotos: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
Ao mediodía deste lus 25 de novembro, tivo lugar na Praza do Calvario, unha concentración para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional contra á Violencia de Xénero.
Alumnado e profesorado do CPI Suárez Marquier e do CRA María Zambrano asistiron e participaron contra a violencia de xénero que afectou no que vai de ano a 52 mulleres.
Veciños e veciñas, persoal do concello, e comerciantes locais uníronse á alcaldesa e concelleira da área de Muller e Igualdade que leron un manifesto e mostaron o seu compromiso pola eliminación da violencia contra as mulleres. Deste xeito o Concello do Rosal manifesta claramente a súa repulsa e condena social hacia os agresores e rexeita calquera expresión de violencia hacia á muller.
A concentración rematou cun minuto de aplausos en recordo das vítimas de violencia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario