25 de nov. de 2019

A GUARDA

Rematou o calendario de andainas de 2019 

Participantes na última das andainas de outono, 2019
Foto: Sara Carrera

Infogauda / A Guarda

 O Concello de A Guarda e a Câmara Municipal de Caminha ofertaron actividades deportivas conxuntas cun calendario de andainas de outono, no que se incluíron un total de 3 novas rutas e, que remataron o pasado sábado co Roteiro polos muíños dos ríos de Couso (Gondomar), un percorrido  circular de 12 km de dificultade baixa.  

 Os participantes nesta última andaina do ano 2019 fixeron unha camiñata polas beiras dos ríos Matalagartos e Couso que discorre xunto aos numerosos muíños da zona. A ruta atópase maioritariamente nun húmido e tupido bosque e malia que o tempo non acompañou moito, desfrutaron das paisaxes e da flora autóctona da zona.

Ningún comentario:

Publicar un comentario