XORNADA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
A alcaldesa do Rosal e a concelleira da área ds Muller e Igualdade, con Joshua Alonso Mateo e Miriam Ferradáns
Fotos: C.O.R.
Infogauda / O Rosal
O domingo 24 de novembro celebrouse no Rosal a Xornada contra a Violencia de Xénero que tivo como convidados a Joshua Alonso Mateo e Miriam Ferradáns, que presentaron o libro No camiño do vento, obra póstuma de Sesé Mateo, vítima de violencia de xénero no ano 2017.
Sesé Mateo foi asasinada en 2017 pola súa exparella, que provocou un incendio na súa casa de Chapela. Nesa casa destruída, sobreviviu milagrosamente un caderno de poemas feministas escrito por Sesé. Con todo ese traballo editouse un libro, No camiño do vento, da man dos seus fillos e de mulleres vinculadas ao mundo da cultura.
A continuación foi a entrega dos premios ás persoas gañadoras do III Concurso de haikus convocado polo Concello do Rosal.
Laura Álvarez González foi a gañadora do haiku na categoría de adultos, Ángela Portela Rodríguez na categoría xuvenil, e Elisa Morgado Rodríguez na modalidade infantil.
Su Garrido, cantante, música e compositora galega, na súa actuación de onte
Finalmente como remate á xornada, Su Garrido, cantante, música e compositora galega fíxonos desfrutar do seu repertorio musical na sesión vermú ca que pechamos o acto.
O executivo municipal do Concello do Rosal dálles "moitas grazas a todos e todas pola asistencia e pola implicación na loita pola igualdade".
Ningún comentario:
Publicar un comentario