19 de nov. de 2019

O ROSAL

EU TOMO PARTIDO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2019

Neste ano 2019 a Agrupación Musical do Rosal colabora na campaña EU TOMO PARTIDO ¿E TI?



 Infogauda / O Rosal

 Neste ano 2019 a Agrupación Musical do Rosal colabora na campaña EU TOMO PARTIDO ¿E TI?, proxecto municipal que leva desde o ano 2015 sumando esforzos no noso concello contra da violencia de xénero. 

 Nesta ocasión membros da Agrupación Musical do Rosal súmanse a este proxecto que pretende visibilizar e posicionarse en contra da violencia de xénero. 10 persoas entre profesorado e directiva decláranse abertamente contrarios á violencia exercida contra as mulleres e rexeitan calquera tipo e agresións. 

 Neste ano 2019 participan: Toñi Santos, directora da Coral da Agrupación Musical do Rosal e profesora; Celso Diego, director da Escola de Música, Banda Infantil, profesor e músico; Andrés García, presidente da entidade; Javi Alonso, director da banda e profesor, Gene Pérez, vicepresidenta da entidade; Olalla Álvarez, música; Monse Domínguez, administrativa e música; Sandra González, profesora e música; Iván Diego, músico; e Yoli Freitas, secretaria e profesora. 

 Este proxecto iniciouse hai 4 anos e xa en anteriores edicións colaboraron deportistas locais no ano 2015, profesorado dos centros educativos do Rosal no ano 2016, profesoras da escola infantil Galiña Azul do Rosal no ano 2017, e xogadores do Acanor Novás no 2018. 

 "Nesta ocasión - dixo á alcaldesa Ánxela Fernández - queremos agradecer á gran familia que é a Agrupación Musical do Rosal, que colabora neste proxecto e que traballan arreo coa mocidade formando e fomentando valores entre a xente máis nova do noso Concello".

Ningún comentario:

Publicar un comentario