15 de nov. de 2019

MADRID

PREVISIÓN DE ACTOS NA DELEGACIÓN DA XUNTA DE GALICIA EN MADRID/CASA DE GALICIA 

PARA A SEMANA DO LUNS 18 AO VENRES 22 DE NOVEMBRO DE 2019 


Luns, 18 
19:30 horas 

 A Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia acollerá a presentación do libro de poemas "AYER TODAVÍA", de Vicente Araguas, publicado polo Grupo Editorial  Pigmalión, e no que o autor mostra 42 poemas con numerosas referencias culturais, vivencias persoais, primeiras relacións de parella, situacións familiares e pasaxes da súa infancia e adolescencia.  

 No acto, ademais do propio autor Vicente Araguas, intervirá  o presidente do grupo editorial  Sial  Pigmalión Basilio Rodríguez  Cañada.  

Xoves, 21 
19:30 horas 

 Presentación do libro "PEPE CASTEDO. VIDA E AZARES. Da Guerra Civil Española á Revolución Cultural China", de Xulio Ríos, publicado por Teófilo  Edicións. Trátase dun emotivo relato biográfico en castelán e chinés, escrito por Xulio Ríos e dedicado á figura de José Castedo, único experto español que quedou en China durante a Revolución Cultural. 

 Castedo foi un galego de Madrid (1914-1982), -de nai de Ferrol-, que viviu en primeira persoa a Guerra Civil española e a Revolución Cultural chinesa. Unha vida consagrada aos seus ideais. Primeiro foi exiliado republicano en Francia e despois admirado docente en  Beijing, e o Goberno español lle recoñeceu a súa excelencia coa Orde de Alfonso X O Sabio.  

 Participarán no acto, ademais do autor Xulio Ríos, o  exembaixador de España en China Felipe de la Morena y Calvet; o escritor Juan Morillo; o editor José Luis  Teófilo Piñeiro; e a xornalista Ana Fuentes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario