12 de nov. de 2019

MADRID

PRESENTACIÓN DE GALICIAN  DRY  TOWERS  GIN  PREMIUM  

O acto organizouse na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid, en colaboración con AEGAMA, e contou con máis de medio centenar de persoas

De esq. a der.: Julio Lage, presidente de AEGAMA; Ramón Jiménez, coordinador da Casa Galicia; Nuria Pauluchi, cantante; Lucía Espinosa e Antonio Sacristán, ambos de Mercado Hispano. 
Fotos: Casa de Galicia

Infogauda / Madrid

 Galician  Dry  Towers  Gin  Premium é un novo produto artesanal gourmet galego elaborado nun pazo da comarca do Deza (Silleda, Pontevedra) que con só un ano de vida está a darse a coñecer tamén fóra de Galicia. A Delegación da Xunta en Madrid/Casa de Galicia en colaboración coa Asociación de Empresarios Galegos en Madrid,  AEGAMA acolleu na tarde de onte luns, a súa presentación e entre as súas características diferenciais están especialmente na utilización de 10 botánicos que medran no monte galego como a menta salvaxe, o  hibisco, a herba  luisa… e especialmente a baga silvestre  Cornus  capitata, que ten propiedades  detox e só medra en dous lugares do mundo: o  Himalaya e de forma espontánea na leira do Pazo de  Cascaxide.

 Tras as palabras de benvida por parte do coordinador de Actividades da Casa de Galicia, Ramón Jiménez, en nome do delegado da Xunta en Madrid, José Ramón Ónega, na presentación interviñeron: o presidente de  AEGAMA, Julio Lage e por parte de Mercado  Hispano, Antonio Sancristán e Lucía Espinosa.  

 Lage subliñou “a satisfacción que supón poder contar con Mercado Hispano como nova empresa asociada, desexándolle unha longa vida chea de éxitos, para Galician Dry  Towers  Gin, e para Lucía e Antonio como novos socios. Que nos atopemos en medio mundo Galician  Dry  Towers  Gin e que con ela brindemos en moitos acontecementos, o que significará que nos vai ben a todos”.  

 O proxecto naceu no 2012 da man de Antonio e Lucía coa profunda rehabilitación do pazo de Cascaxide do Século  XVII que lle legaron, ata que lle lograron recuperar o seu antigo esplendor. 

 Lucía explicou que o valor engadido da leira é “a de contribuír tamén á recuperación dos cultivos”. Plantáronse sete mil oliveiras que proximamente darán colleita para comercializala.  

 En canto á xenebra, destacou que se elabora tomando como base “unha receita centenaria dun licor atopada en arquivos históricos”. Os botánicos utilizados proceden de plantas, herbas e froitos do monte e da leira do propio pazo. “A xenebra nace ademais cun compromiso coa cultura, pois cada botella está acompañada dun breve conto e a intención é crear un concurso de relatos que irán sumando pequenos volumes literarios cada ano, ao estilo dos contos de Calleja”. 

 Espinosa fixo fincapé en que coidaron ata o último detalle. A botella é con volta e de moitos usos. Leva serigrafiado un lenzo da artista María Miralles coas cores inspiradas nos ingredientes naturais. “É unha xenebra con alma galega”, dixo e expuxo as razóns: “Porque se fai en Galicia, coa vantaxe da cultura licorera e do destilado artesanal. Pódese tomar soa. Os botánicos macéranse na auga pura dos mananciais galegos; apóiase na tradición e ata nas mesmas lendas de meigas. Con ela estase potenciando a recuperación de séculos de historia patrimonial de pazos, artesanal de destilado e literaria nos seus contos. Ademais identifícase coa cultura e a arte galega e empodérase do prestixio gourmet de Galicia Calidade”.  
  

Medio centenar de persoas acudiron á presentación da xenebra galega Galician Dry Towers Gin Premium


 Como en ocasións anteriores, a pesar de que a presentación se fixo como iniciativa de AEGAMA para os seus asociados e amigos, ao acto asistiron tamén medios e profesionais do sector.  

 O acto finalizou co Himno Galego que foi interpretado pola cantante Nuria Pauluchi na versión celta con arranxos propios, como primicia, porque é un proxecto no que segue traballando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario