25 de nov. de 2019

DEPORTES

CICLISMO
 
Máis de medio cento de deportistas participaron na Carreira de vellas Glorias do Ciclismo

O evento tivo lugar na vila de A Guarda

Máis de medio cento de deportistas participaron na Carreira de Vellas Glorias cun circuito urbano que rematou cunha subida ata o Monte Santa Trega
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O sábado día 23 de novembro de 2019 a vila de A Guarda congregou a máis de medio cento de deportistas na Carreira de Vellas Glorias cun circuito urbano que rematou cunha subida ata o Monte Santa Trega. 

 Este evento, que xa se celebrara na Guarda uns anos atrás, arrancaou sobre as 16:30 horas,  dende a Alameda, onde se congregou un bó número de persoas que se achegaron para presenciar esta proba, cun percorrido de 19 voltas a un circuito urbano de 1,2 km polas rúas Galicia, Brasil e República Dominicana, con varios sprints especiais e rematando cunha subida ao cumio do Monte Santa Trega.  




 Previa a esta proba contouse na Alameda con actividades para os ciclistas da base do C.C. O Rosal, cunha proba de gymcana para os máis pequenos.  

 Antonio Lomba Baz, alcalde de A Guarda destacou a importancia e relevancia do deporte na Guarda, cunha forte aposta dende a Concellería de Deportes encabezada por Mª Montserrat Magallanes Álvarez, apoiando e colaborando coas iniciativas deportivas que se realicen na vila. Engadiu que é unha satisfacción para a vila que estas iniciativas deportivas se consoliden e se manteñan no tempo, contando cunha axenda deportiva moi importante para unha vila de pouco máis de 10.000 habitantes.  

 A organización agradeceu a colaboración de Protección Civil do Rosal, GES de A Guarda, Policía Local e Guardia Civil de Tráfico.

CLASIFICACIÓNS
 
MASTER 30:  1º SERAFÍN MARTÍNEZ ACEVEDO;  2º DANIEL RODRÍGUEZ MARTÍNEZ;  3º PAULO JORGE LEAL CARREIRA  

MASTER 40:  1º GUSTAVO OTERO GÓMEZ; 2º FAUSTINO PUGA BREA; 3º EZEQUIEL MOSQUERA MÍGUEZ  

MASTER 50:  1º MARCIAL RODRÍGUEZ REY;  2º JOSÉ MANUEL OLIVEIRA BOGA;  3º GONZALO AGUIAR MARTÍNEZ  

MASTER 60: 1º FABIAN GARCÍA RODRÍGUEZ; 2º JULIO FERNÁNDEZ GONZÁLEZ;  3º EVARISTO PORTELA ACUÑA  

OPEN:  1º MOISÉS ALFREDO LEBOSO MORAIS;  2º SAMUEL GARCÍA CAMESELLE;  3º XACOB AGRA CARRERA 

Ningún comentario:

Publicar un comentario