25 de nov. de 2019

DEPORTES

ATLETISMO

Fantástico balance do Atletismo Trega, no Zonal do campo a través (Baixo Miño)

Conseguindo 9 medallas individuais (3 ouros, 4 pratas e 2 bronces) e 4 ouros por equipos 

Adestrador e compoñentes do club Sociedade Atlética do Trega


Informa (Fotografías e Redacción): Sociedade Atlética do Trega

 Na mañá do sábado día 23 de novembro, celebrouse o Campo a Través Zonal do Baixo Miño, no recinto do CEP Pedro Caselles (Tomiño), organizado pola asociación AgruDeBaM, no que o club Sociedade Atlética do Trega tivo unha representación de 22 atletas individuais, que formaron 4 equipos. 

 A parte, tamén participaron nenos da Escola de Atletismo de Tomiño e da Escola de Atletismo de A Guarda pertencentes a Sociedade Atlética do Trega, pero nestes casos representarían aos seus colexios da zona. 

 A xornada arrincou cos máis pequenos, onde non tivemos representación do club, pero si das escolas onde o fixeron moi ben. 

 Na categoría benxamín masculino, cunha soa representación, Lucas Silva Becerro onde quedou no posto 31º. 

 Seguíronlle as alevíns femininas, que acadaron os seguintes resultados

 A vencedora foi Paula Lago, que despois dun apurado sprint final encarando a meta, venceu dese xeito á súa compañeira Paula Rocha.  

Podio individual das atletas alevíns femininas con Paula Lago e Paula Rocha, 1ª e 2ª clasificada, respectivamente


Podio por equipos das atletas alevíns femininas 

 Detrás, entraron as súas amigas de equipo, Mara González, 5ª; África Álvarez, 10ª; Paula Martín, 13ª; Ingrid Otero, 27ª, sumando un cómputo xeral de 18 puntos quedando campioas zonais por equipos. 

Podio individual das infantís femininas con Carmen Magallanes e Elisa Morgado, 2ª e 3ª clasificadas, respectivamente


 A 3ª carreira foi na que tivemos máis representación, onde lle tocou a quenda ás infantís femininas composto por 6 atletas sendo a súa posición a seguinte: 

 Carmen Magallanes, 2ª clasificada, saíu cun potente ritmo rompendo a carreira, cedendo tan só na parte final, e entrando 3ª Elisa Morgado - que non tivo o seu mellor día -, seguida de Mara Romeu en 4ª posición; Carla Bautista, 6ª;  Aina Bolea, 7ª; e pechando o grupo Mara Silva, 24ª; sendo as infantís máis rápidas, xa que sumaron 15 puntos e conseguiron o 1º posto por equipos. 

 Podio das campioas infantís femininas por equipos


Podio individual dos atletas infantís masclunos, onde os irmáns Álex e Christian Sierpes, acadaron o 1º e o 2º posto, respectivamente


 A nosa 4ª competición completárona os infantís masculinos, onde os irmáns Sierpes Pereira, impuxeron un ritmo demoledor, rompendo a carreira desde a saída, facendo 2 voltas grandes, sacándolle ao 3º unha significativa vantaxe, sendo esta proba gañada polo irmán menor, Álex Sierpes (que con esta carreira debutou nesta categoría infantil) quedando en 2º lugar tan só a uns segundos Christian Sierpes. 
Podio dos atletas infantís masculinos, campións zonais por equipos


 Os seus compañeiros de equipo foron Darío Vicente, 6º; Marco Martínez, 11º; Nico Ferreira, 16º, acadando un ntotal de 20 puntos, e campions zonais por equipos. 

Podio individual das cadetes femininas, con Marcela Morgado, Uxía Rodríguez e Antía Rodríguez, 1ª, 2ª e 3ª clasificadas, respectivamente


 E por último, pechando a nosa participación, tocoulle a quenda ao equipo cadete feminino, onde deu gusto velas correr, todas seguidas nas 4 primeiras posicións, sendo, 1ª Marcela Morgado; 2ª Uxía Rodríguez; 3ª Antía Rodríguez; e pechando o cuarteto, Lara Rodríguez, 4ª; levándose o título de campionas zonais por equipos. 

Marcela Morgado, Uxía Rodríguez, Antía Rodríguez e Lara Rodríguez, no podio de campioas zonais por equipos

 O balance deste Campo a Través Zonal do Baixo Miño foron 9 medallas individuais (3 ouros, 4 pratas e 2 bronces), e 4 ouros por equipos.

 Apuntar que deste zonal sairán os 8 primeiros individuais e os 2 primeiros equipos para a segunda fase, que será o provincial co billete para participar na 2ª rolda. 

 Felicitar á organización de AGRUDEBAM por facer neste recinto, un circuíto tan bonito e interesante. 

 Parabens a todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario