VI Trail do Trega
Daniel Pazó e María del Carmen Arias, na proba de Advance, e David Patiño e Deneb Álvarez, na de Experience, foron os gañadores
A proba desenvolveuse no emblemático Monte Santa Trega, de A Guarda
Infogauda / A Guarda
Case 500 participantes de varias categorías, tomaron parte no VI Trail do Trega, nunhas probas que se desenvolveron nun escenario espectacular e ao mesmo tempo con bastante dificultade. Pero todos agradeceron a paisaxe e o percorrido que deseñou a organización. Á cita, unha das máis importantes da tempada, inscribíronse atletas de toda Galicia, tamén de varios lugares de España, e especialmente de Portugal. As probas contaron co apoio do Concello de A Guarda, Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos e de A Guarda, respectivamente; Powerade e a Deputación de Pontevedra.
A proba chamada Advance contaba cun percorrido de 18 quilómetros. Daniel Pazó Giráldez, do Club Atletismo Baiona, foi o primeiro en completalo. Superou con facilidade a José Manuel Gil Bernárdez, do Club A Canuda Aviva Sport, de Salceda de Caselas, e Marcos Antonio Pascual Fidalgo, de Sanxenxo, 2º e 3º clasificados, respectivamente.
Na categoría feminina, o triunfo correspondeu a María del Carmen Arias Martínez, do Pato Blanco Celanova, que tivo en Raquel Doiro González, do Ultra Life Team de Vigo, a unha forte adversaria. Rebeca Muñoz Narciso, de Meis, colocouse na terceira posición.
O deseño da proba incluía a subida dá Cal, o miradoiro de Pedra Furada, o muro de Chans, a subida dos Castros, o muro do Facho, a subida ao Pico de San Francisco, a 317 metros de altitude, e o muro do Cuncheiro. Por tanto, un constante subir e baixar, o que puxo a proba a resistencia e capacidade de superación dos atletas.
Ainda que a climatoloxía foi á propia do Outono, non foi obstáculo para que os participantes gozasen desde o Monte Santa Trega dunhas paisaxes espectaculares
Na proba Experience, de 12 quilómetros, o gañador foi David Patiño Vilas, do Club A Canuda, de Salvaterra de Miño. O triunfador tivo que empregarse a fondo, para lograr superar por escasa marxe ao vigués Ramón Troncoso Sobrino, do Club Atletismo Porriño, que loitou ata o último momento pola vitoria e quedou moi preto. Demostrou atoparse nun bo momento de forma e conquistou un magnífico segundo lugar nunha proba que non se adapta ás súas características. Pola súa banda, Juan José Solleiro Da Cruz, de Tomiño, ocupou a terceira posición.
Deneb Álvarez Saavedra, de Tomiño foi a gañadora na categoría feminina, seguida por Lorena Freire Fernández, de Ourense, e Elena Pérez González, do Lamargha Autotodo, de Castro Caldelas.
Os participantes tiveron que superar o miradoiro da Pedra Furada, o muro de Chans e a subida aos Castros, de 265 metros de altitude. O percorrido era menos esixente que na proba de 18 quilómetros, pero tamén obrigada a un intenso esforzo.
O VI Trail do Trega tamén tivo unha andaina, que contou cunha numerosa participación.
Os organizadores destacaron tamén a presenza dunha gran cantidade de persoas que se desprazaron de Portugal. Esta competición xa se pode considerar como unha das máis importantes de Galicia por moitos motivos, entre eles a espectacularidade da súa paisaxe.

Podio da proba Advance, cos tres primeiros clasificados, tanto féminas como varóns, o alcalde de A Guarda - a dereita da imaxe - e a concelleira de Deportes, a esquerda
Fotos: Pablo Saa
Infogauda / A Guarda
Case 500 participantes de varias categorías, tomaron parte no VI Trail do Trega, nunhas probas que se desenvolveron nun escenario espectacular e ao mesmo tempo con bastante dificultade. Pero todos agradeceron a paisaxe e o percorrido que deseñou a organización. Á cita, unha das máis importantes da tempada, inscribíronse atletas de toda Galicia, tamén de varios lugares de España, e especialmente de Portugal. As probas contaron co apoio do Concello de A Guarda, Comunidades de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos e de A Guarda, respectivamente; Powerade e a Deputación de Pontevedra.
A proba chamada Advance contaba cun percorrido de 18 quilómetros. Daniel Pazó Giráldez, do Club Atletismo Baiona, foi o primeiro en completalo. Superou con facilidade a José Manuel Gil Bernárdez, do Club A Canuda Aviva Sport, de Salceda de Caselas, e Marcos Antonio Pascual Fidalgo, de Sanxenxo, 2º e 3º clasificados, respectivamente.
Na categoría feminina, o triunfo correspondeu a María del Carmen Arias Martínez, do Pato Blanco Celanova, que tivo en Raquel Doiro González, do Ultra Life Team de Vigo, a unha forte adversaria. Rebeca Muñoz Narciso, de Meis, colocouse na terceira posición.
Grupo de participantes subindo en dirección ao poboado castrexo do Monte Santa Trega
O deseño da proba incluía a subida dá Cal, o miradoiro de Pedra Furada, o muro de Chans, a subida dos Castros, o muro do Facho, a subida ao Pico de San Francisco, a 317 metros de altitude, e o muro do Cuncheiro. Por tanto, un constante subir e baixar, o que puxo a proba a resistencia e capacidade de superación dos atletas.
Ainda que a climatoloxía foi á propia do Outono, non foi obstáculo para que os participantes gozasen desde o Monte Santa Trega dunhas paisaxes espectaculares
Algúns dos participantes subindo ao Pico de San Francisco, no Monte Santa Trega
Na proba Experience, de 12 quilómetros, o gañador foi David Patiño Vilas, do Club A Canuda, de Salvaterra de Miño. O triunfador tivo que empregarse a fondo, para lograr superar por escasa marxe ao vigués Ramón Troncoso Sobrino, do Club Atletismo Porriño, que loitou ata o último momento pola vitoria e quedou moi preto. Demostrou atoparse nun bo momento de forma e conquistou un magnífico segundo lugar nunha proba que non se adapta ás súas características. Pola súa banda, Juan José Solleiro Da Cruz, de Tomiño, ocupou a terceira posición.
Deneb Álvarez Saavedra, de Tomiño foi a gañadora na categoría feminina, seguida por Lorena Freire Fernández, de Ourense, e Elena Pérez González, do Lamargha Autotodo, de Castro Caldelas.
Os participantes tiveron que superar o miradoiro da Pedra Furada, o muro de Chans e a subida aos Castros, de 265 metros de altitude. O percorrido era menos esixente que na proba de 18 quilómetros, pero tamén obrigada a un intenso esforzo.
O VI Trail do Trega tamén tivo unha andaina, que contou cunha numerosa participación.
Saída dos participantes da Andaina do VI Trail do Trega desde á rúa Transversal Troncoso
Os organizadores destacaron tamén a presenza dunha gran cantidade de persoas que se desprazaron de Portugal. Esta competición xa se pode considerar como unha das máis importantes de Galicia por moitos motivos, entre eles a espectacularidade da súa paisaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario